Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

José Luís Méndez Romeu

Méndez Romeu, novo voceiro do PSdeG no Parlamento Galego

Sociedade 09/10/2013
  Envía a túa opinión

A dirección do PSdeG elixiu este mesmo martes a José Luís Méndez Romeu (A Coruña, 1951) como novo portavoz parlamentario, en substitución do vigués Abel Losada. O cargo de presidente do grupo, até agora ocupado por Pachi Vázquez, quedará vacante. Confirmouno o PSdeG a través dun comunicado de prensa, no que destacou que o deputado coruñés --até agora viceportavoz-- acumula "unha ampla experiencia política".


O espectáculo estréase hoxe no Teatro Rosalía da Coruña

Nova Galega de Danza fai inventario de éxitos e mira cara o futuro con “Dez”

Cultura 27/09/2013
  Envía a túa opinión

"Eis" quere dicir velaí. E velaí están dez anos de traballo proxectando a música e a danza galegas cara un futuro que xa é moi presente. Para as artes escénicas do país a compañía Nova Galega de Danza foi unha revelación de como a tradición pode reformularse como o máis contemporáneo. As vellas formas tomaron novo alento, a tradición fíxose activa e adictiva e todo resultou nun engado que encantou ao público e agora toma folgos para o que está por vir. Dezasete pezas que condensan unha década conforman un espectáculo que dá os seus primeiros compases ao son da canción "Eis". “Dez” é o nome da obra que Nova Galega de Danza (NGD) presenta ao vivo hoxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña con música ao vivo. A dirección musical é de Pedro Lamas e a dirección artística de Jaime Pablo Díaz.


Polideportivo do Colexio Peñarredonda (A Coruña) onde se practica a denominada educación diferenciada

Piden á fiscalía que actúe contra as subvencións ao ensino privado

Sociedade 24/09/2013
  Envía a túa opinión

Alternativa Galega de Esquerda acusa á Xunta de "incumprir" o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o concerto con colexios que segregan por sexos, e pídelle á Fiscalía que "actúe". Nunha reunión co fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, os deputados Ramón Vázquez e Xavier Ron fixéronlle entrega dun dossier co que, para AGE, supón "o incumprimento" por parte da Xunta da sentenza que anula a orde dos concertos con cinco destes centros en Galicia.


Xurado do premio

Luís Rosado gaña o Premio Jesús Núñez

Sociedade 05/09/2013
  Envía a túa opinión

O artista Luis Rosado fíxose co VIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez cun traballo de técnica xilográfica que non levaba título. O autor alzouse co premio sobre as 235 obras presentadas nesta edición, na que se rexistrou unha das participacións máis altas na historia deste premio. Para argumentar o seu fallo, o tribunal destacou “o uso dunha técnica clásica cunha formulación moi actual que dá coma resultado unha imaxe moi potente e rica en matices”.


Cartel da manifestación deste mediodía

Arde Nostián na xornada de folga do lixo na Coruña

Sociedade 27/08/2013
  Envía a túa opinión

Inflamouse o inicio da xornada de folga no servizo de recollida do lixo na Coruña que se desenvolve dende as once da pasada noite en solidariedade co cadro de persoal de Albada, a empresa responsable do tratamento de refugallos na planta de Nostián. As instalacións desta fábrica arderon contra a medianoite, erguéndose dúas columnas de fume de 15 metros de altura, como resultado da queima dunha cinta transportadora e dúas naves da instalación, unha delas practicamente calcinada xa, afirma a empresa. Os bombeiros sufocaron o incendio á unha e media da madrugada. En declaracións a Radiofusión, o presidente do comité de empresa de Albada, Xosé Manuel Vilariño dixo descoñecer as causas do lume, mais precisou que “é un pouco estraño, xa que a dirección da empresa contratou un número masivo de vixiantes de seguridade dende que empezou o conflito”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros