Envía a túa opinión
400 racións de pementos de O Couto con churrasco serviranse mañá domingo no local de A Picota de Narón. Durante todo o día celebrarase a XIII Festa do Pemento do Couto. A celebración, organizada pola Asociación de Veciños de O Couto, a Cooperativa de O Val e o Concello de Narón, renderá tributo a este manxar de sona no municipio naronés.
Envía a túa opinión
Festas do Carme en Fene e tamén en Mugardos. A vila mugardesa xa leva unha semana de celebracións co gallo da festividade do Carme. Nesta xornada os actos ábrense ás seis e media da tarde na carpa do peirao cun certame de corais. Participarán a Coral Sporting Club Coruña, a de Melide, a Coral de Taboada e a do Casino Mugardés.
Envía a túa opinión
Fene celebra as Festas do Carme. Logo do saúdo coas 21 bombas de palenque terán lugar os actos litúrxicos. Ás 12:30h celébrase a misa na honra á virxe mariñeira. A orquestra Fania porá as notas na sesión vermú.
Envía a túa opinión
A Xunta vén de decretar o peche cautelar do marisqueo na ría de Ferrol tras detectar a presenza de toxina lipofilitar, máis coñecida como diarreica. A marea vermella interrumpe así a campaña estival de extracción de ameixa. Tras tres días de capturas, xa que o obtido onte está pendente do seu exame, os mariscadores da ría de Ferrol vénse abocados á espera da contraanálise da Xunta para saber se poden seguir faenando.
Envía a túa opinión
Aínda que con nova data, a feira decana das galegas, a Feira Internacional de Mostras do
Noroeste cumple, dende o día 20 e ata o 25 de Xullo, coa súa cita anual cos ferroláns
ofrecéndolles a ocasión de coñecer de preto as últimas novidades que presentan os máis de
150 expositores que tomar parte neste certame multisectorial. Un gran escaparate de preto de 25.000 metros cadrados que abrangue unha enorme variedade de sectores: novas tecnoloxías, enerxías alternativas, bricolaxe, mobiliario de xardín, fogar, decoración, artesanía, turismo, alimentación ou gastronomía.