Envía a túa opinión
Do 1 ao 7 de agosto terá lugar no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene a Semana Lúdica e Deportiva organizada pola concellería de Cultura e Deportes. Nas instalacións de San Paio levaranse a cabo todo tipo de deportes e obradoiros, así como xogos tradicionais, pensados para aqueles nenos e nenas nados entre 1997 e 2003.
Envía a túa opinión
Esta fin de semana celébranse en Fene as tradicionais Festas do Carme. O pistoletazo de saída será o venres 15 de xullo co tradicional pasarrúas, que este ano vén da man do cuarteto rexional.
Envía a túa opinión
O castiñeiro é unha árbore coñecida dende a antiguedade. A súa orixe e extensión do seu cultivo remóntase á época romana. En Galicia a reagrupación desta especie coñécese como souto. A súa prantación require dun terreo cunhas condicións determinadas: frescura, permeabilidade e profundidade.
Envía a túa opinión
O Concello de Ferrol iniciará a partir de setembro unha nova etapa na Casa da Muller. Co obxecto de abrir á participación de tódalas mulleres da cidade estas instalacións municipais acordou abrir un período de consulta para que sexan elas mesmas as que decidan o programa de actividades, obradoiros, conferencias e cursos para o vindeiro curso 2011-2012. Trátase, en definitiva, de introducir novos eventos que ata o de agora non se levaban a cabo nestas dependencias en función dos intereses das propias usuarias.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
A parroquia de Maniños celebra este domingo, 10 de xullo, a Festa do Carme. No mes de agosto celebrará o Patrón os días 6 e 7 e a Romería do Pote o día 28. Logo de 6 anos nos que a parroquia non contou con festas, o ano pasado reuníuse un grupo de persoas para recuperar as tradicións e costumes de Maniños.