Envía a túa opinión
O Concello de Fene intensificará os labores de desratización no entorno do río Cádavo, diante da continua presenca de roedores nas inmediacións das vivendas de Astano e do parque Rosalía de Castro. Tanto o Bloque Nacionalista Galego como o Partido Popular reclaman unha maior atención a este problema.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
A voz dos Amigos volverá soar con forza. O grupo de música galego levou o nome de Perlío polos escenarios durante unha década entre 1973 e 1983. Agora no vindeiro mes de setembro reuniránse para ensaiar e proxectan realizar unha gravación do seu repertorio cara o mes de nada.
Envía a túa opinión
A Corporación de Fene quere que se manteñan as 4 oficinas do término municipal das dúas caixas galegas. O obxectivo é que, unha vez levada a diante a fusión entre Caixanova e Caixa Galicia, as oficinas que teñen estas dúas entidades en San Valentín, Fene, Perlio e Maniños non pechen.
Envía a túa opinión
Arte na rúa 2010. Xa hai data para As Meninas de Canido que se celebrarán o sábado 4 de setembro. Anunciase un evento de pintura, música, danza e fotografía. Máis de 35 artistas e escritores confirmaron a súa participación na iniciativa promovida polo pintor e músico Eduardo Hermida.
Envía a túa opinión
A Associaçom Galega da Língua (AGAL) e o portal de música en galego Komunikando.net veñen de pór en marcha o certame “Musicando Carvalho Calero”. Un novo concurso que ten como obxectivo dar a coñecer e homenaxear a figura do intelectual galego, un home que segundo os promotores do proxecto, “fixo unha análise rigorosa da nosa realidade lingüística e foi consecuente con ela, xa que escolleu seguir os ditados da razón e do corazón antes que os caprichos do estómago”. Por este motivo, AGAL e Komunikando queren darlle voz a través da palabra cantada, como comentou en Radiofusión O Leo i Arremecághona, integrante do portal web galego.