Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Xuntanza entre os alumnos do IES Maruxa Mallo co edil de medio ambiente

O Medio Natural e Calidade de Vida na ollada dos alumnos do IES Maruxa Mallo

Sociedade 16/03/2011
  Envía a túa opinión

Con motivo da visita dos profesores e alumnos polacos e lituanos que visitaron Ordes en días pasados, nunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Comenius da Unión Europea no que participa o IES Maruxa Mallo xunto aos institutos da localidade lituana de Druskininkai e a polaca de Pszczyna, as profesoras responsables do proxecto Mª Isabel Mato e Mª Cristina París fixeron entrega a Jesús Pedreira, como concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, dos resultados acadados no traballo sobre Medio Natural e Calidade de Vida que levaron a cabo o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo dentro deste programa europeo. Informe no que se recollen os resultados recabados a través de numerosas enquisas e cuestionarios que realizaron a adultos e adolescentes durante os  últimos meses.


Entrega de diplomas doutros dous cursos de informática

A navegación por internet e o uso do correo electrónico

Sociedade 15/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes dará comezo, o vindeiro xoves, un novo curso de informática no que participarán un total de 22 alumnos e alumnas do municipio. Concretamente, trátase dun curso no que os participantes aprenderán a utilización de internet e o correo electrónico. Os alumnos repartiranse en dous grupos, tendo lugar as clases os luns e xoves, un grupo de 18 a 19 horas e o outro de 19 a 20 horas, na aula de informática da Casa da Cultura.


Cartaz da XIII Festa do Lacón con Grelos

Lacón con grelos en Mesón do Vento

Sociedade 11/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar os vindeiros 19 e 20 de marzo unha nova edición da súa tradicional Festa do Lacón con Grelos que terá lugar en Mesón do Vento. Unha festa ineludible no municipio que vai xa pola súa décimo terceira edición, mostra do éxito que obtén ano tras ano.


Medio milleiro de persoas participarán no certame carnavaleiro

Concurso de disfraces no Sábado de Piñata

Sociedade 10/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten todo preparado para poñer o broche final aos festexos do Entroido coa celebración do seu tradicional desfile e concurso de disfraces. Uns actos que terán lugar este Sábado de Piñata, e que darán comenzo ás 17 horas.


Ordes clausurou hai 10 dias un curso de conducción eficiente

Morre un home en Ordes ao envorcar un tractor

Sociedade 09/03/2011
 11 comentario/s - Envía a túa opinión

Un home de 63 anos de idade, R.F.C., faleceu este mércores ao envorcar o tractor no que circulaba e quedar atrapado baixo o mesmo no municipio coruñés de Ordes, segundo informaron fontes do 112 e da Garda Civil.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros