Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Capa do libro editado polo Pichel arredor do Apalpador

O Apalpador nun “Nadal sen código de barras”

Sociedade 23/12/2011
  Envía a túa opinión

Outro Nadal é posible. Un que non sexa só consumista, senón que aposte por educar aos nenos no valor da reciclaxe, do feito a man, no valor do non mercado. Un Nadal “sen código de barras”, como gustan dicir no centro sociocultural compostelán A Gentalha do Pichel, que personifica esa mudanza do paradigma das festas na figura do Apalpador. Tras moitos anos esquecida, este colectivo traballou pola súa recuperación. A iso contribúe agora o libro “Teoría de inverno, os presentes do Apalpador” que se vén de presentar e cuxa recadación servirá para financiar a escola de ensino galego Semente.


A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Concelleiro da Pontenova Francisco Martínez na presentación da feira

A V Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova reunirá a 60 expositores

Cultura 04/12/2011
  Envía a túa opinión

A quinta edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova celébrase entre os días 9 e 11 de decembro grazas á colaboración entre Concello e a Deputación Provincial de Lugo. Uns 60 expositores de Galicia, Asturias, Castela León, Cataluña e Andalucía participarán no evento, que terá lugar baixo unha carpa na Praza dos Fornos e na Casa da Cultura. A feira organízase por primeira vez nestas datas, despois de vir celebrándose no mes de agosto. O edil da Pontenova, Francisco Martínez destacou que agardan que o cambio de data non impida repetir o éxito acadado na pasada edición, durante a que o municipio recibiu a visita de máis de 4.500 persoas chegadas dende diferentes puntos da provincia, así como de Asturias.


Xerais publica “Trece noites, trece lúas”

Antonio Reigosa: “As grandes marcas dítanos como temos que celebrar o Nadal”

Sociedade 27/11/2011
  Envía a túa opinión

En Nadal seguimos fielmente tradicións que non son moi tradicionais, segundo podemos descubrir nas páxinas de Trece noites, trece lúas; un libro, editado por Xerais, no que Antonio Reigosa pon as palabras e Noemí López, as ilustracións. Un exemplo atopámolo nos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar non se fixeron cun protagonismo dentro do amplo censo de repartidores de xoguetes ata o século XIX. “Santa Klaus ten moita máis antigüidade”, apunta Reigosa.


Xosé Neira Vilas na mostra da sua obra

Tres exposicións sobre autores da literatura galega percorren Galiza

Sociedade 16/11/2011
  Envía a túa opinión

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Lois Pereiro e Xosé Neira Vilas están a percorrer Galicia a través de tres exposicións coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos pretenden difundir a vida e a obra destes recoñecidos escritores da literatura galega. Logo do seu paso polos principais museos e bibliotecas da comunidade, as mostras iniciaron o pasado mes de outubro un percorrido por diversos centros educativos das catro provincias que se prolongará ata final de ano.


Lamatumbá actúa hoxe en Lugo

Miro Casabella e Lamatumbá no San Froilán

Cultura 09/10/2011
  Envía a túa opinión

Os concertos de Treixadura, Sally the Aracnophobic, Lamatumbá e a orquestra Trébol poñen o ramo musical a este domingo das Mozas nas festas do San Froilán de Lugo.Comezarán as actuacións ás nove e media da noite.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros