Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

José Blanco

Querían que pasase en España como en Portugal, afirma José Blanco

Institucional 09/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

"O PP quedou coas ganas de que pasase en España o que pasa en Portugal". Así o asegurou o vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco, nun acto do partido nas Pontes ( A Coruña). Blanco asegurou que "Rajoy non apoiou as reformas igual que fixo a oposición portuguesa". Segundo o dirixente socialista, cada vez que Rajoy dicía non ás reformas estaba a dicir "non á recuperación" "para logo aplicar os recortes salvaxes dos conservadores do Reino Unido". Por iso, para Blanco, "para que gañe Rajoy ten que perder España e, para que gañe España, ten que perder o PP".


Xornada nas Pontes

¿Que é o autismo?

Sociedade 07/04/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, coa colaboura do centro ASPANAES, ven de desenvolver dúas xornadas deportivas dirixidas a fomentar as relacións e a convivencia entre nenos con autismo e estudantes de Educación Infantil e Primaria dos colexios de Monte Caxado e Santa María. Intentouse trasladar a nenos e nenas as características e as peculiaridades dos pequenos autistas


Os obradoiros desenvolveranse no mes de abril

O pirogravado e a talla de alabastro

Sociedade 24/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes colaborará xunto co colectivo Artesáns do Eume na realización de dous obradoiros de artesanía adicados á talla de alabastro e ao pirogravado. Os talleres, que se desenvolverán na segunda quincena do vindeiro mes de abril, estarán impartidos polos artistas locais César Dapena e Lourdes Acera Olaso e contarán cun total de 18 prazas – 8 para a talla de alabastro e 10 para a técnica de pirogravado.


Inicio dos obradoiros

Obradoiros para exercitar a capacidade memorística

Sociedade 23/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais, iniciou onte unha nova edición do seu programa Envellecemento Activo para maiores de 55 anos. Unha iniciativa que vive a súa cuarta edición e que, novamente, conta co respaldo económico da Deputación da Coruña. Para este ano, a concellería que dirixe José Alén escolleu un total de seis obradoiros: tres deles de estimulación memorística, que comezaron onte, e outros tantos adicados á musicoterapia e  ao traballo da autoestima, que arrincarán a vindeira semana.


Agustín Hernández e Virxinia Rodríguez na sinatura do convenio

Virxinia Rodríguez: “Os grupos ecoloxistas non sempre somos os do non”

Sociedade 22/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Coincidindo co Día Mundial da Auga, a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de subscribir un convenio de colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento do Proxecto Ríos, o programa de voluntariado e educación para a sostibilidade que trata a contaminación e o deterioro dos ecosistemas fluviais. Coa sinatura deste acordo, Augas de Galicia comprométese a achegar neste ano 2011 unha contía máxima de 50.000 euros como compensación económica a ADEGA polos gastos nos que incorra ao longo do ano.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros