Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Chévere representará en Ribadavia as tres partes de “Citizen”

Xesús Ron: “O mellor premio para Chévere nestes momentos é poder traballar”

Cultura 16/07/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A compañía Chévere recibirá o premio de honra Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O galardón chégalle cando está a piques de celebrar un cuarto de século de existencia e vén acompañado, segundo o seu director, Xesús Ron, do premio engadido de poder representar o seu proxecto máis ambicioso: Citizen. Sobre as táboas de Ribadavia representarán nunha única función de máis de tres horas o tríptico do que se compón esta epopea dun empresario téxtil galego que medra en riqueza nos últimos anos do franquismo e crea un imperio multinacional, e que nos fala da globalización e do seu impacto na periferia. Ron explicou en Radiofusiòn que tomaron un exemplo ben coñecido por todos do mundo real para facer con el unha ficción.


O programa de festexos inclúe deporte, música e actos relixiosos

Allariz honra ao seu patrono San Bieito esta fin de semana

Sociedade 05/07/2011
  Envía a túa opinión

Esta fin de semana, do 8 ó 10 de xullo, celébranse en Allariz as Festas na honra de San Bieito, patrono alaricano. A vila festexará as festas patronais, cun completo programa de actividades culturais e deportivas para pequenos e maiores.


A Feira do Viño do Ribeiro do 2011 contará con 23 stands expositores, 9 de adegas e 13 de colleiteiros.

Os calores do Ribeiro

Cultura 30/06/2011
  Envía a túa opinión

As altas temperaturas non empañarán a celebración da Feira do Viño do Ribeiro que este venres 1 de xullo comeza en Ribadavia (Ourense). A organización espera recibir a 10.000 visitantes cun programa que arrincará ás sete da tarde coa inauguración oficial no recinto feiral da Alameda. O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Gago pronunciará o pregón inaugural.


O sacerdote elexido coma concelleiro polo municipio da Gudiña, Antonio Fernández Blanco

O PSdeG defende os dereitos civís do cura de Piñor ante o Bispado de Ourense

Institucional 21/06/2011
  Envía a túa opinión

Topamos coa Igrexa, pensa o PSdeG, que vén de solicitar unha entrevista coa curia galega. Os socialistas desbotan a decisión do Bispado de Ourense de declarar a incompatibilidade do ministerio pastoral co exercicio da vida pública no caso do cura de Piñor que saíra elixido concelleiro polo municipio da Gudiña.


O río Arnoia será un das paradas obrigadas deste fenómeno social entre os lectores máis pequenos

Os Bolechas van a Allariz

Cultura 20/06/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz, a Asociación Xan de Arzúa e a Libraría Aira das Letras organizan mañá a presentación dunha nova edición do libro "Os Bolechas" de Pepe Carreiro: "Os Bolechas van a Allariz". O acto desenvolverase no Salón de Plenos do Concello de Allariz ás 12:30 da mañá.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros