Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

As visitas guiadas están a resultar un éxito

Perto de cincocentas persoas visitaron o pazo de Goiáns en Semana Santa

Sociedade 26/04/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro está moi satisfeito da acollida das visitas guiadas ao pazo e a finca de Goiáns organizadas pola Concellería de Turismo, que dirixe Francisca Suárez Lijó, durante esta Semana Santa. A pesares da mal tempo, sobre todo nas xornadas de xoves e venres, un total de 450 persoas participaron nesta iniciativa, entre veciños de Boiro e visitantes que pasaban estes días na nosa localidade.


Igrexa de Mieites

Festexos en honra a San Gabriel

Sociedade 26/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Este venres e sábado, 29 e 30 de abril, celébranse as festas de San Gabriel en Mieites (Cures). O arranque dos festexos será o venres, ás dez da noite, coa degustación de pinchos morunos. De seguido, tocará a orquestra “Triunfo”. No descanso haberá unha actuación de conta chistes.


A conselleira Farjas durante unha visita ao centro de saúde de Vilalonga

O Sergas retrasa a solución sobre a diálise no Barbanza

Institucional 15/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O Sergas adía a resolución ás demandas sobre as eivas no servizo de nefroloxía do Hospital do Barbanza e resístese a confirmar a súa privatizacións. A xerente da sanidade pública galega, Rocío Mosquera, requirida por esta cuestión a instancias do BNG en comisión parlamentaria, recoñeceu que se está a estudar “a oferta de empresas e fundacións que poidan prestar un servizo de calidade”, matinando na posibilidade de que se concerte na zona. A deputada nacionalista Ana Luísa Bouza preguntou se a decisión se está a adiar até despois dos comicios municipais de maio por interese electoral, mais Mosquera evitou concretar unha data para o anuncio e tan só manifestou que tomará a decisión “cando a teña que tomar”.


Marisol Soneira cualifica coma fraude vender mexillón foráneo coma galego

O PSdeG esixe á Xunta o cumprimento da lei na venda de mexillón de Galicia

Institucional 15/04/2011
  Envía a túa opinión

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, interpelou á Xunta sobre as denuncias realizadas polo Consello Regulador do Mexillón respecto do envasado por unha empresa conserveira de mexillón foráneo como de Galicia. Afirma que hoxe en día pode constatarse que hai fraude e emprazou a Xunta a que faga cumprir a Lei.


Os operarios iniciaron os traballos na praia de Barraña

Acondicionamento das praias de cara á Semana Santa

Sociedade 11/04/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro inicia hoxe a limpeza e posta a punto das praias do municipio, a fin de ter os areais en óptimas condicións de cara ás vacacións da Semana Santa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros