Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Carme Freire

O VIII Congreso do SLG reivindica a loita pola soberanía alimentaria como garantía de futuro

Sociedade 02/11/2011
  Envía a túa opinión

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, vén de presentar oficialmente o VIII Congreso desta organización agraria, que se celebrará en Montouto (Teo) este sábado, 5 de novembro, baixo o lema “A soberanía alimentaria é garantía de futuro”. O SLG chega así ao remate dun proceso que comezou en xaneiro de 2011 co Congreso do Viño, e se desenvolveu ao longo de todo o ano cos congresos sectoriais da Secretaría das Mulleres, da pataca, da horta, da carne e do leite e, durante os últimos dous meses, con asembleas locais en 31 comarcas de Galiza. Precisamente, neste proceso pre-congresual definíronse as políticas e demandas do SLG por sectores produtivos e se elixiron, en paridade de xénero, dous representantes de cada bisbarra e dous por cada sector para formar parte da Dirección Nacional do SLG. Este sábado, tamén con criterios de paridade, elixiranse as vinte persoas (quince titulares e cinco suplentes) para formar a Dirección Nacional do Sindicato Labrego, e á persoa que ocupará a Secretaría Xeral.


Montse Prado na presentación da campaña electoral do BNG

O BNG preséntase como “A alternativa que te defende. O voto útil en Galiza”

Sociedade 30/10/2011
  Envía a túa opinión

A campaña nacionalista cara ás eleccións do 20-N levará por lema “A alternativa que te defende. O voto útil en Galiza”. A secretaria de organización e directora de campaña do BNG, Montse Prado, explicouno dicindo que “somos a alternativa porque propoñemos políticas alternativas fronte ao máis do mesmo de PP e PSOE”. O BNG pegará carteis en Santiago, fará o primeiro mitin central da campaña en Pontevedra e pechará na Coruña. O Bloque Nacionalista Galego leva no seu programa iniciativas como as que destacou a directora de campaña para que “a Xunta de Galicia se faga co 51% das accións do FROB de Novagalicia banco, apoio á economía produtiva para crear emprego, reforma do sistema fiscal para que paguen máis os que máis teñen, prohibición de EREs en empresas con beneficios, supresión das Deputacións, recorte dos gastos militares, etc”.


Continúa o ciclo dedicado ao mestre de capela da catedral compostelá

Frei José de Vaquedano e o seu tempo

Cultura 25/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

No presente ano cúmprese o terceiro centenario do falecemento dun dos grandes compositores do barroco español, Frei José de Vaquedano, mestre de capela que foi da catedral de Santiago entre 1680 e 1710. Para conmemorar a efeméride, o Museo do Pobo Galego e a Universidade de Santiago, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Axencia Galega de Industrias culturais (AGADIC), veñen celebrando un ciclo académico e musical que, ademais de contribuír ao coñecemento da figura de Vaquedano, se inscribe nos actos de celebración do 800 aniversario da consagración da catedral de Santiago e no Ano da Música.


A chuvia e o vento apareceron esta mañá en Santiago de Compostela

Reclaman unha banca pública para que fluia o creto

Sociedade 23/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha banca pública permtiría achegar recursos ás pequenas empresas e as familias, afirmou hoxe o secretario xeral da CIG Xesús Seixo. O sindicato nacionalista manifestouse este mediodía polas rúas céntricas de Santiago de Compostela.


"Presidiarios" en Nova Galicia banco de Santiago de Compostela

Ocupan Nova Galicia banco vestidos de presidiarios

Sociedade 21/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Delegados e delegadas da CIG de Compostela, vestidos de presidiarios, ocuparon esta mañá a oficina principal de Novagalicia Banco, no centro de Santiago, a gritos de  “Que deteñan aos ladróns”, “Non, non, non  á privatización”, “Queremos unha caixa e non un banco” ou “Non faltan cartos, sobran ladróns”. A ocupación da entidade encádrase na campaña que a CIG leva meses desenvolvendo para dar a coñecer as súas alternativas á crise económica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros