Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da manifestación deste mediodía

Arde Nostián na xornada de folga do lixo na Coruña

Sociedade 27/08/2013
  Envía a túa opinión

Inflamouse o inicio da xornada de folga no servizo de recollida do lixo na Coruña que se desenvolve dende as once da pasada noite en solidariedade co cadro de persoal de Albada, a empresa responsable do tratamento de refugallos na planta de Nostián. As instalacións desta fábrica arderon contra a medianoite, erguéndose dúas columnas de fume de 15 metros de altura, como resultado da queima dunha cinta transportadora e dúas naves da instalación, unha delas practicamente calcinada xa, afirma a empresa. Os bombeiros sufocaron o incendio á unha e media da madrugada. En declaracións a Radiofusión, o presidente do comité de empresa de Albada, Xosé Manuel Vilariño dixo descoñecer as causas do lume, mais precisou que “é un pouco estraño, xa que a dirección da empresa contratou un número masivo de vixiantes de seguridade dende que empezou o conflito”.


A co-fundadora de Inditex finou aos 69 anos

A empresaria e filántropa Rosalía Mera será enterrada mañá en Oleiros

Sociedade 16/08/2013
  Envía a túa opinión

Os restos mortais de Rosalía Mera recibirán sepultura mañá sábado no camposanto de Santa Eulalia de Liáns, no municipio coruñés de Oleiros. Arestora mantense o velorio no Tanatorio Servisa. A empresaria e filántropa galega finou no serán do xoves no Hospital San Rafael da capital herculina, ao que foi traslada de urxencia nun avión medicalizado dende a illa de Menorca. Mera, de 69 anos, pasaba unhas vacacións en familia na localidade balear de Mahón cando padeceu unha crise cerebrovascular de carácter irreversible que provocou o seu falecemento. A presidenta da Fundación Paideia adquirira sona pola súa fortuna económica, a máis elevada entre todas as mulleres do Estado, lograda como co-fundadora da empresa téxtil Inditex que puxo en marcha man a man co seu ex-marido, Amancio Ortega. Con el, que onte acompañou na clínica os seus últimos alentos, tivo dous fillos: Marcos, nado con parálise cerebral, e Sandra Ortega Mera, herdeira de dúas das maiores fortunas do mundo.


Cociña da Casa Picasso na Coruña

A cara máis coruñesa de Picasso

Cultura 05/08/2013
  Envía a túa opinión

A Casa Picasso na rúa Paio Gómez da Coruña ofrécenos a través dun panel interactivo un feixe de fotografias da cidade na época na que o artista máis importante do século XX residiu na cidade herculina (1891-1895). O Museo amosa 27 reproducións de obras de Picasso e do seu pai, quen foi profesor da Escola de Bellas Artes.


Xurxo Souto

Xurxo Souto fala na Feira do Libro do futuro do Dépor

Sociedade 01/08/2013
  Envía a túa opinión

O músico e comunicador Xurxo Souto participará nunha mesa redonda sobre o futuro do Dépor mañá venres 2 de agosto ás 13 horas na carpa da Feira do Libro nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. No acto tamén intervirán os autores do libro "Depor vida" Rosabel Candal e Xerardo Porto, así como o editor do volume Henrique Sanfiz. O debate coincide no tempo con momentos cruciais para o equipo coruñés, despois de evitar o descenso administrativo a Segunda B, ao chegar a un acordo cos xogadores. O club debe ainda asinar un convenio cos acreedores para sair da fase concursal e poder ainda reforzar un conxunto que comezará a tempada o 17 de agosto nas Palmas.


Correa Corredoira frente ao libro

Correa Corredoira pinta palabras

Sociedade 04/07/2013
  Envía a túa opinión

A Libraría Carricanta de Betanzos  (Rúa José Fariña, 1 – Baixo Dereita) e Baía Edicións convídan á presentación do poemario  "Resina de poliéster", do artista plástico e escritor, Xabier Correa Corredoira. O acto será mañá venres día 5 de xullo, ás 20:00 horas. Ademais do autor, intervirá a escritora, ensaísta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, que se encargará de facer un achegamento crítico a este poemario.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros