Envía a túa opinión
O Monumento ao Pallaso cumpre 10 anos no Parque Castelao de Fene. Elaborouno o ceramista e escultor Francisco Pérez Porto. Inaugurouse o 22 de xuño do 2001 nun acto que contou coa participación de centos de nenos e nenas. Unha comisión cidadán reuniu os fondos precisos para sufragar o monumento.
Envía a túa opinión
Eu son de Galicia, pero da costa. Son palabras de Juan Farias, o escritor de Ferrol, falecido esta semana en Madrid. Escritor de verbo curto, lances inxeniosos e pluma contundente. Juan Farias dicia que tardaba 15 dias en escribir un libro, pero 6 meses en correxilo. En canto podo estou metido no Mourón, en Redes, indicaba Juan Farias en 1998 en Radio Fene.

Envía a túa opinión
Boa parte dos municipios da bisbarra de Ferrolterra xa se inclúen no grupo de cidades e concellos galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración (NGAs) que o operador galego está a despregar en toda a comunidade autónoma co impulso do Plan de Banda Larga (PBL) da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Envía a túa opinión
A ANPA dos Casais non comprende porqué a consellería se ceba co centro de Maniños na supresión de profesorado, saltándose á toreira os acordos cos sindicatos asinados hai dous anos e aínda vixentes polos que o número de alumnos-as do centro non xustifica as medidas previstas de deixar aos Casais sen unha mestre de Infantil, 2 de primaria, a de Francés, sen a orientadora e sen a especialista en Audición e Linguaxe, que compartía co Ramo.
Envía a túa opinión
Os 150 operarios da empresa Tecnymo, que traballan en Navantia Ferrol, concentráronse esta mediodía na porta principal do estaleiro en demanda da transformación dos contratos eventuais en indefinidos. O comité de empresa quere regularizar esta situación polo que levan tempo reivindicando á dirección a conversión dos contratos. Ante a falla de resultados, iniciaron hoxe unha folga desde as 11:30 da mañá até as 14:30 da tarde. As mobilizacións retomaranse ás 19:30, un paron que rematará dúas horas máis tarde, ás 21:30.