Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Está prevista a realización dunha segunda fase do proxecto

Novos panteóns no cemiterio do Balado

Sociedade 09/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes comezou xa ás obras de construción de novos panteóns no cemiterio de O Balado despois de solventar unha serie de trámites administrativos. Concretamente trátase de 80 novos panteóns que forman parte dunha primeira fase do proxecto.


A cita, ás16:30 horas na Alameda

Tarde de Entroidada para a rapazada

Sociedade 07/03/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten preparado para mañá martes 8 de marzo, dentro do programa de actividades elaborado con motivo da celebración do Entroido, unha gran “Tarde de Entroidada” dirixida aos máis pequenos do municipio.


Pódium

Akka Essaadaqui, gañador absoluto do III Cross Ambiental Concello de Ordes

Deportes 07/03/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O municipio ordense viviu na mañá de onte unha das súas citas deportivas anuais, o III Cross Ambiental Concello de Ordes “Memorial Estebo Jose”, organizado polo Clube de Ateltismo Ordes coa colaboración do Concello de Ordes. A partir das dez da mañá deron comenzo as carreiras das diferentes categorías, nunhas probas que contaron cun alto grao de participación e con centos de corredores que se deron cita no campo da feira ordense.


Cartaz anunciador

Saída e meta en Ordes

Deportes 04/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O vindeiro domingo día 6 de marzo o municipio ordense acollerá a celebración dunha das súas citas deportivas ineludibles nos últimos anos, o III Cross Ambiental Concello de Ordes “Memorial Estebo Jose”, que incluirá tamén unha proba de canicross puntuable para a Liga Galega. Unha cita deportiva, organizada polo Clube Atletismo Ordes e que conta coa colaboración do Concello e na que partiparán máis de 200 atletas.


6 estudantes de bioloxía da Universidade de A Coruña amosaron o seu interese no modelo ordense

Os universitarios interesados no sistema de recollida de aceite

Sociedade 03/03/2011
  Envía a túa opinión

O Sistema de recollida de aceite doméstico que o Concello de Ordes ten implantado nas súas rúas esperta o interese duns estudiantes de Bioloxía da Universidade da Coruña. Seis estudantes de Bioloxía da Universidade de A Coruña contactaron co Concello de Ordes para recabar toda a información necesaria sobre este sistema de recollida selectiva que o Consistorio ordense implantou o pasado ano 2008 nas súas rúas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros