Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Casa natal de Manuel Fraga en Vilalba

Estala un artefacto na casa de Manuel Fraga en Vilalba

Sociedade 26/09/2011
  Envía a túa opinión

Un artefacto caseiro estourou esta madrugada na sede da Fundación Manuel Fraga, situada na localidade lucense de Vilalba, informaron fontes de Urxencias 112 e da Policía Local. A explosión rexistrouse sobre as 6:15 horas na rúa da Pravia, na antiga residencia familiar do veterano político galego, reconvertida en fundación, cuxa inauguración está prevista para o próximo venres 30 de setembro.


Casa do Concello de Vilalba

Atopan o cadáver dun home no maleteiro dun coche en Vilalba

Sociedade 10/09/2011
  Envía a túa opinión

Un corpo en avanzado estado de descomposición foi o que se atoparon os membros da Policia Local e da Garda Civil ao abrir o maleteiro dun Seat Toledo estacionado na rúa Lois Peña Novo de Vilalba. Un forte cheiro e unha nube de moscas atraeran a atención dos axentes municipais de patrulla pola zona. A autopsia realizada esta mañá revela que a morte se produciu por causas naturais. O corpo podería pertencer a un taxista de Oviedo desaparecido no pasado mes de outubro.


O candidato do Partido Popular, Jaime Castiñeira, que encabezou a lista máis votada, liderará a oposición

José López Orozco reedita como alcalde de Lugo grazas ao pacto entre nacionalistas e socialistas

Institucional 08/06/2011
  Envía a túa opinión

Os nacionalistas de Lugo están dispostos a reeditar o pacto de goberno que lle dará a Alcaldía ao socialista José López Orozco. A decisión adoptada pola asemblea local do BNG veu acompañada doutra consecuencia: o cabeza de lista do Bloque, Antón Bao, anunciou que dedicará toda a súa atención ao goberno da cidade da Muralla, renunciando, xa que logo, á Deputación Provincial cuxa vicepresidencia ocupou durante a última lexislatura.


A terra e a literatura converxen no Encontro Escritor@s polo Territorio

A literatura abrindo as murallas

Cultura 07/06/2011
  Envía a túa opinión

ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, reúne este sábado 11 de xuño no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo das 9:30 ás 19:30 h, a persoeiros da cultura galega nunha xornada que leva por título “Escritores polo Territorio”. Os encargados de abrir este acto serán o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo en funcións, Antón Bao e a Presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez.


O número de altos cargos do organismo medrou moito desde a chegada do PP

O socialista Abel Losada esixe explicacións urxentes á cupula do IGAPE

Institucional 26/05/2011
  Envía a túa opinión

Na "orde lóxica", o primeiro que debe pasar é que o conselleiro de Economía, Javier Guerra, e a cúpula do IGAPE comparezan publicamente para ofrecer "explicacións urxentes". Así o esixiu este mediodía o voceiro parlamentario do PsdeG, Abel Losada, quen criticou que, até o momento, Guerra estivese "desaparecido". Ademais dunha comparecencia na Cámara autonómica, Losada pediu garantías de que o organismo dependente do goberno segue a funcionar con normalidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros