Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Pedro Nimo, gañador da carreira na XIX edición.

XXI Carreira pedestre de San Xosé en As Pontes

Deportes 15/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, xunto co clube de atletismo Olympus, están xa a ultimar os preparativos da que será a XXI edición da Carreira Pedestre de San Xosé, unha cita deportiva que, convocatoria tras convocatoria, conta cunha gran participación tanto de atletas ponteses coma dos concellos limítrofes.
Precisamente, ante esta boa resposta, dende o departamento de Deportes, a súa concelleira Eva Conde quixo animar aos veciños e veciñas de tódalas idades a tomar parte nesta cita, que se celebrará o vindeiro día 19, xa que, segundo anunciou a edil, o listado de galardóns é moi atractivo con trofeos e premios en metálico e material deportivo, segundo cada categoría.


Cesta realizada con papel reciclado

Comeza a Semana da Muller en As Pontes

Sociedade 14/03/2011
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Arrincaron esta mañá as charlas sobre a igualdade nos centros de Primaria e Secundaria de As Pontes- A Cporuña-  nunha nova edición da Semana da Muller nas Escolas que se prolongará ata o venres.
Tamén comeza un obradoiro de cestería en papel reciclado para mulleres, impartido pola artista local Lourdes Acera Olaso na Casa Don Pedro.


O peche na Casa do Concello durou cinco meses (foto: Concello As Pontes)

Industria convence aos camioneiros do carbón para que rematen co seu peche en As Pontes

Sociedade 11/03/2011
  Envía a túa opinión

As centrais térmicas de As Pontes e Meirama manterán a súa actividade e conservarán todos os seus postos de traballo malia a aplicación do decreto do carbón. Foi o compromiso que a Dirección Xeral de Enerxía do Ministerio de Industria transmitiu nesta xornada e que decidiu aos camioneiros que transportan os lignitos dende o Porto de Ferrol até a factoría de Endesa, a levantar o peche que, dende había cinco meses xa, mantiñan no pazo consistorial da vila pontesa.


O programa inclúe exposicións, citas deportivas e actividades nas escolas

Unha Ollada cara a Igualdade

Sociedade 10/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), ideou un amplo programa de actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, e do que xa a, pasada semana, se daban a coñecer as primeiras actividades. Para esta ocasión, a concellería que dirixe José Alén creou unha serie de actividades nas que o deporte e as exposicións se mesturan con programas radiofónicos e, por suposto, con actividades dirixidas aos escolares de Primaria e Secundaria.


Lago artificial das Pontes

Os ecoloxistas opóñense a que o lago de As Pontes reciba un premio de excelencia turística

Sociedade 08/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Os colectivos ecoloxistas ADEGA, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia veñen de amosar o seu rexeitamento á candidatura da antiga mina de As Pontes ao Premio Europeo de Excelencia Turística 2011. Consideran que, “lonxe de ser unha proposta ambientalmente sostible, a suposta rexeneración non é mais que un lavado de imaxe ante as críticas fundadas dos ecoloxistas e entidades sociais diversas”. Este proxecto de enchido que aínda non finalizou, afirman, “entraña serios riscos para o medio e comprometerá nun futuro á administración pública debendo facer fronte ao seu mantemento. Tanto a Xunta de Galicia como o Concello de As Pontes deberían adicar os seus esforzos a garantir que Endesa cumpra coa legalidade e non apoiar intereses meramente especulativos”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros