Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

O salón conta con 15 expositores de 15 países

As augardentes e os licores galegos visitan Expourense

Sociedade 27/04/2011
  Envía a túa opinión

Fiel a súa cita con Vinis Terrae, “Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade”, o Consello Regulador das Denominacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais asiste cun stand propio á cuarta edición desta feira exclusivamente profesional adicada ao sector vinívinícola. O evento celébrase hoxe e mañá no recinto feiral Expourense.


O secretario de Organización do PsdeG denuncia o acoso e as ameazas dos populares

A camorra napolitana da provincia de Ourense

Institucional 25/04/2011
  Envía a túa opinión

O Partido Socialista acudiu aos tribunais para denunciar supostas ameazas proferidas contra os seus candidatos por alcaldes do Partido Popular na provincia de Ourense. Nas instancias presentadas perante o Xulgado de Xinzo de Limia, a Fiscalía, a Garda Civil e a Xunta Electoral de Zona, a dirección do PsdeG refire indicios de delito por ameazas, coacción, tráfico de influencias e malversación de fondos públicos dos que culpa ao rexedor de Baltar e deputado provincial José Antonio Feijóo Alonso, quen supostamente tería perseguido con axuda de traballadores do Concello á cabeza de lista e á número dous da candidatura socialista nesa localidade, até o punto de intimidar á responsable da farmacia na que traballa a primeira afectada.


Pérez Bouza en Ourense

O custe do AVE entre Lubián e Ourense

Institucional 25/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, solicitou esta mañá a comparecencia na Cámara Alta do Ministro de Fomento, José Blanco, para que aclare diversas cuestións relacionadas co proxecto construtivo do AVE a Galiza, en concreto a liña Lubián-Ourense. Pérez Bouza quer que o Ministro acuda á Cámara para aclarar aspeitos como os tempos de viaxe de Madrid até as principais cidades galegas, o financiamento para cada ano e cal vai ser o custe da integración do AVE en Ourense. “Cuestións que despois da visita do Ministro á cidade non só non quedaron claras senón que incluso cimentaron algunhas dúbidas”.


Rogelio Martínez reservou un posto de traballo para a súa muller e impide que a praza saia a concurso

A CIG reclama o cesamento do Delegado Territorial en Ourense por nepotismo

Sociedade 20/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A CIG denuncia que o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, reservou un posto de traballo para a súa muller e impide que a praza saia a concurso, o que cualifica como un caso de nepotismo "completamente inaceptable".


Luís Tosar, actor, músico e agora produtor

Tosar lanza Galaicus en Ourense

Cultura 18/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Luís Tosar presentou este mediodia a superprodución "Galaicus" que se localizará en Lugo e Ourense coa colaboración das Deputacións provinciais. Tosar, coa sua produtora Zircozine, ainda debe completar o orzamento dunha película que se quere comezar a rodar en abril ou maio do 2012. O custe global alcanzará os 4 millóns de euros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros