Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da presente edición

As posibilidades do patrimonio lúdico galego

Cultura 14/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

"III Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación", que se celebrará en Melide os días 21 e 22 de outubro próximo, xa ten aberto o seu prazo de matrícula. A actividade, homologada pola Consellería de Educación, pretende ofrecer unha oportunidade de formación aos educadores/as sobre o patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Península, e sobre as posibilidades que este ofrece nos diferentes ámbitos da educación (sistema educativo regrado, tempo libre, traballo con persoas maiores...). Trátase, de regra, da única actividade de formación de libre acceso que actualmente se convoca en Galicia sobre o tema. Os asistentes teñen a posibilidade de presentar comunicacións sobre experiencias educativas relacionadas co xogo tradicional.


Campeonato de Tirapedras de Melide

O xogo tradicional, a grande escola da humanidade

Sociedade 24/09/2011
  Envía a túa opinión

O xogo tradicional foi a grande escola da humanidade, afirma o mestre e escritor ferrolán Antón Cortizas. Elaborou e publicou en Edicións Xerais, “Chirlosmirlos”, enciclopedia de xogos populares, a partir dun programa realizado en Radio Fene na década dos oitenta.


Praza da Quintana de Santiago de Compostela

A crise que a paguen os seus causantes

Sociedade 17/09/2011
  Envía a túa opinión

"A crise que a paguen os seus causantes" indicou hoxe o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vazquez nun acto contra a reforma da Constitución, celebrado na Praza da Quintana de Santiago de Compostela. Os oradores tildaron de "antidemocrático" o procedemento utilizado para cambiar a Carta Magna, e proclamaron a necesidade de rebelarse e impedir que os recortes en Sanidade, Educación e Servizos Sociais continuen adiante.


Festa da Troita en Sobrado dos Monxes

A troita navega en Sobrado

Sociedade 15/08/2011
  Envía a túa opinión

Def con Dos e Riff Raff actuarán en Sobrado dos Monxes o sábado 20 de agosto na primeira xornada da Feira da Troita. Xa o domingo serviráse unha degustación de troita á montañesa e polbo á feira. O peixe de río poderá tamén probarse nos establecementos de hostelería da localidade.


Banda de música de Agolada

Master class de percusión en Agolada

Sociedade 08/08/2011
  Envía a túa opinión

O curso internacional de percusión celebra unha nova edición despois de 8 anos, e trae a Galicia os mellores percusionistas do continente. Esta vez é o concello pontevedrés de Agolada o que acolle o evento, que comezou onte domingo e rematará o xoves 11 cunha gran espectáculo no que a percusión será a principal protagonista. Lalín fora a sede deste acontecemento na súa última edición en 2003.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros