A Festa do Pincho Moruno chega a Fene tamén este domingo tres de xullo. A comisión de festas organiza esta actividade para recaudar fondos con destino ás festas patronais de San Salvador en agosto e antes as do Carme. O pincho moruno e unha ración de empanada venderáse ao prezo de catro euros. O grupo musical CQC arrufará a festa, tanto ao mediodia como á noite.
Xavier Díaz ofrecerá un concerto o venres oito de xullo as dez da noite na Praza do Concello de Fene, dentro da programación do ciclo Dia da Patria Galega. A actuación realizaráse baixo carpa con entrada libre.
Como Félix Rodriguez de la Fuente, desprende amor polos animais. A familia de Yovana Alonso tiña un almacén de piensos, e por iso confesa que non lembra cando comezou a amar a natureza. Na actualidade conta con can, gato e furóns. Tivo tamén tartarugas.
Al Vila, Roger de Flor e Marcos Mella actúan ás oito da tarde na Capela do Torrente Ballester de Ferrol. Ofrecen un concerto acústico, dentro da mostra Videoclips a Esgalla 2016. Ademáis proxectarán os seus propios videoclips, aqueles cos que presentan os seus discos. A entrada é de balde e os asistentes recibirán como obsequio o doble DVD editado pola mostra. Un novo disco e un libro de Al Vila están a piques de ver a luz.
Os pinchos acompañando a consumición e unha terraza tranquila, son os puntos fortes do café bar A Ponte, na rúa do Concello de Fene, que reabríu as súas portas hai hoxe 20 días con duas mulleres ao frente. Con anos de experiencia, os últimos no CPS de San Valentín, quixeron dar un novo xiro á súa carreira hosteleira e aí están na Ponte coa esperanza de que o verán axude a despegar o seu novo negocio, situado en pleno camiño inglés a Santiago de Compostela.