Envía a túa opinión
Os viquingos de Rio Castro (Limodre Fene A Coruña) invaden mañá sábado a localidade de Redes. Vestidos especialmente para a ocasión e cubertos cos cascos e cornos tradicionais, montarán nas súas embarcacións para dirixirse á veciña vila. Alí recibirannos con auga, pero logo darán paso á confraternidade e degustarán xuntos beberes e comeres. Xa de retorno nas inmediacións da praia de Rio Castro serviráse unha churrascada na que están apuntadas máis de 700 persoas.
Envía a túa opinión
Os tres militares estadounidenses presuntamente responsables da morte do cámara galego José Couso en Iraq están en busca e captura dende esta mañá. O maxistrado da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, vén de ordenar esa medida contra o sarxento Thomas Gibson, o capitán Philip Wolford e o tenente coronel Philip Camp co obxecto de lograr a súa extraditación e sentalos no banco perante un tribunal español. Ademais, Pedraz solicitou autorización ao Consello Xeral do Poder Xudicial para viaxar este outono ao lugar onde morreu Couso, abatido polo disparo dun tanque no Hotel Palestina de Bagdad o 8 de abril de 2003, cando estaba cubrindo o conflito bélico iraquí para Telecinco.
Envía a túa opinión
Oenach é aquel lugar onde os celtas se reunían para establecer alianzas militares, chegar a acordos comerciais ou incluso alianzas matrimoniais entre tribos. Para recrear todo isto en Narón instalaranse diferentes postos de artesanía, comida e actividades de ocio. Ao mesmo tempo durante os tres días que dura o Oenach Céltico de Narón celebraranse diversas actividades ao aire libre, como unha mostra de artesanía feita en madeira ou a degustación do porco celta. O encontro será na parroquia de Sedes desde o 30 de xullo ata o 1 de agosto.
Envía a túa opinión
Os grupos Bonovo e Fia na Roca actuarán na vindeira fin de semana en Sedes (Narón) no marco da Festa do Oenach Atlántico. O evento cumpre 12 anos configuran unha oferta de lecer peculiar, onde se pretende conxugar a diversión e a gastronomía coa divulgación da forma de vivir dos nosos ancestros.
Envía a túa opinión
Unha pantasma percorre Europa, a pantasma da música que fusiona tradición e vangarda. Como demostración dese espectro, os organizadores do festival Bagad Kemper de Bretaña, veñen de lanzar un CD recopilatorio dos últimos 10 anos da súa traxectoria. Dani Bellón (coa súa gaita) e Diego Maceiras (acordeón) levan a ese disco o son de Fene.