Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O prazo remata o vindeiro 31 de marzo

Aberto o prazo para solicitar as axudas por desprazamento dos estudantes

Sociedade 03/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten aberto o prazo para a solicitude das axudas por desprazamento a estudantes do curso 2010- 2011. Poderán solicitalas os/as estudantes sempre e cando non teñan dereito a transporte escolar gratuíto, ademais de cumprir outra serie de requisitos marcados nas bases da convocatoria. En canto ao importe máximo das axudas, os estudantes cuxo lugar de residencia diste de 4 a 15 kilómetros do centro de ensino poderán recibir 150 euros, mentres que os que o seu lugar de residencia estea a máis de 15 kilómetros do centro poderán percibir un máximo de 300 euros.


Os estudantes co alcalde Manuel Regos

De Lituania e Polonia a Ordes

Sociedade 03/03/2011
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu onte a un grupo de alumnos e profesores de Lituania e Polonia que están a pasar uns días no municipio a través dun intercambio escolar con alumnos de IES Maruxa Mallo de Ordes. O rexedor interesouse pola súa estancia no municipio, así como os animou a ser partícipes de todos os encantos dos que dispón Ordes. “Espero que a vosa estancia en Ordes sirva para que vos levedes un bo recordo do noso municipio e que poidades apreciar a xentileza e hospitalidade das nosas xentes. Esta experiencia servirá para que coñezades a nosa cultura, así como para que os nosos mozos e mozas coñezan as vosas, polo que espero que a aproveitedes o mellor posible”, dixo o alcalde.


Nenos e nenas na biblioteca de Ordes

Preparan unha mostra bibliográfica arredor do Entroido

Cultura 01/03/2011
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal de Ordes quere sumarse un ano máis aos festexos do entroido, nesta ocasión coa celebración de diferentes actividades. Preparan unha mostra bibliográfica de fondos bibliográficos referidos ao Carnaval. Inclue libros de receitas, refraneiros, cancións, novelas e todo tipo de documentación e información sobre o entroido.


O prazo de inscrición remata o xoves 3 de marzo

A todo cross

Deportes 25/02/2011
  Envía a túa opinión

O vindeiro día 6 de marzo o municipio ordense acollerá a celebración dunha das súas citas deportivas ineludibles nos últimos anos, o III Cross Ambiental Concello de Ordes “Memorial Estebo Jose”, que incluirá tamén unha proba de canicross puntuable para a Liga Galega. Unha cita deportiva, organizada polo Clube Atletismo Ordes e que conta coa colaboración do Concello.


O concelleiro Jesús Pedreira clausurou o obradoiro de saúde

Tardes de contos e obradoiros de educación sexual

Cultura 23/02/2011
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal de Ordes acollerá unha nova sesión das “Tardes de Contos e Lendas”. Unha iniciativa que terá lugar o vindeiro venres 25 de febreiro a partir das 18:30 horas nas instalacións da biblioteca, ubicada nos baixos da Alameda ordense. Un contacontos será o encargado de entreter aos nenos e nenas do municipio que participen nesta iniciativa, na que gozarán do conto “Entroido no zoolóxico”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros