Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

O programa inclúe exposicións, citas deportivas e actividades nas escolas

Unha Ollada cara a Igualdade

Sociedade 10/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), ideou un amplo programa de actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, e do que xa a, pasada semana, se daban a coñecer as primeiras actividades. Para esta ocasión, a concellería que dirixe José Alén creou unha serie de actividades nas que o deporte e as exposicións se mesturan con programas radiofónicos e, por suposto, con actividades dirixidas aos escolares de Primaria e Secundaria.


Lago artificial das Pontes

Os ecoloxistas opóñense a que o lago de As Pontes reciba un premio de excelencia turística

Sociedade 08/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Os colectivos ecoloxistas ADEGA, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia veñen de amosar o seu rexeitamento á candidatura da antiga mina de As Pontes ao Premio Europeo de Excelencia Turística 2011. Consideran que, “lonxe de ser unha proposta ambientalmente sostible, a suposta rexeneración non é mais que un lavado de imaxe ante as críticas fundadas dos ecoloxistas e entidades sociais diversas”. Este proxecto de enchido que aínda non finalizou, afirman, “entraña serios riscos para o medio e comprometerá nun futuro á administración pública debendo facer fronte ao seu mantemento. Tanto a Xunta de Galicia como o Concello de As Pontes deberían adicar os seus esforzos a garantir que Endesa cumpra coa legalidade e non apoiar intereses meramente especulativos”.


Repartiranse perto de 2800 € en premios

Comitiva carnavaleira en As Pontes

Sociedade 07/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes albergará mañá unha nova edición da Cabalgata de Antroido. Unha cita que, ano tras ano, logra unha gran participación tanto local coma doutros concellos da comarca e que repartirá case 2800 euros en premios. Segundo o programa elaborado para esta xornada, a comitiva carnavaleira sairá da rúa Monte Caxado ás 17.00 horas e percorrerá as avenidas de Ortigueira, Castelao e Galicia, Alexandre Bóveda, avenida da Coruña para rematar no patio do Colexio de Santa María.


A festa está garantida

Cinco comparsas arrufarán o entroido de As Pontes

Sociedade 04/03/2011
  Envía a túa opinión

A peculiar versión dos ponteses e pontesas en clave de humor e sarcasmo subirase de novo ao escenario do auditorio municipal Alovi o vindeiro domingo, na que será a oitava edición do Festival de Comparsas Vila de As Pontes. Unha cita que, ano tras ano, congrega a unha importante cantidade de público con ganas de pasar unha tarde de domingo de antroido entre gargalladas, chistes e rimas do máis estrafalarias.


As clases teórico-prácticas terán catro xornadas máis

Os cursos de piragüismo e caiac reedítanse en marzo e abril

Deportes 02/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pones, mediante o departamento municipal de Deportes, ampliará os cursos gratuítos de piraguismo e caiac polo que, durante o pasado mes de febreiro, se estiveron a desenvolver na piscina municipal climatizada. A gran acollida recibida por parte da cidadanía levou ao departamento que dirixe Eva Conde a ampliar esta oferta lúdico deportiva coa que colaboran os palistas do Grupo Xuvenil que, cada sábado, exercen de profesores.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros