Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Luís Tosar, actor, músico e agora produtor

Tosar lanza Galaicus en Ourense

Cultura 18/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Luís Tosar presentou este mediodia a superprodución "Galaicus" que se localizará en Lugo e Ourense coa colaboración das Deputacións provinciais. Tosar, coa sua produtora Zircozine, ainda debe completar o orzamento dunha película que se quere comezar a rodar en abril ou maio do 2012. O custe global alcanzará os 4 millóns de euros.


Amigos da República pide que o 14 de abril se recoñeza unha “realidade democrática”

Xosé Lois Carrión : “A Segunda República supuxo unha época de florecemento cultural”

Sociedade 14/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O florecemento do ensino e a difusión da cultura foron algúns dos logros que os republicanos atribúen a aquel breve período truncado pola sublevación militar de 1936. Por toda Galicia celébranse actos conmemorativos dos 80 anos transcorridos dende que o 14 de abril de 1931 se ergueu a bandeira tricolor.


José Blanco

O AVE chegará a Ourense a finais de ano, segundo o ministro de Fomento

Institucional 12/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Galicia vivirá un momento "histórico" antes de que remate 2011. Prometeuno o ministro de Fomento, José Blanco, que asinou nesta xornada o protocolo para integración do AVE na cidade de Ourense. O fito, segundo explicou, producirase cando da cidade das Burgas "saia o primeiro Tren de Alta Velocidade, que pasará por Santiago e chegará ata A Coruña".


A alta velocidade cruzará da Meseta cara Santiago a finais de 2015

Os 6.000 millóns de euros para a conexión do AVE con Galicia xa son un feito

Institucional 08/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A macrolicitación das obras do AVE é xa un feito. Oito días máis tarde do límite ao que se comprometera o ministro de Fomento, José Blanco, o Consello de Ministros autorizou o maior investimento público nesta infraestrutura que permitirá conectar a liña de alta velocidade entre Galicia e a Meseta e que suporá unha achega de máis de 6.000 millóns de de euros. A nova, á que o propio Blanco chegara a vincular a súa credibilidade política, era tan agardada que o Ministerio se adiantou á rolda de prensa posterior á xuntanza do Executivo e anunciou o compromiso a través dun comunicado.


Cartaz anunciador do ano pasado

Anunciando o San Bieito

Sociedade 06/04/2011
  Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura do Concello de Allariz convoca o concurso para a confección do cartel anunciador das festas de San Bieito 2011 que se celebrarán os días 8, 9 e 10 de xullo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros