Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A agricultura ecolóxica facturou en Galicia en 2013 arredor de 30 millóns de euros

A agricultura ecolóxica continua a medrar

Sociedade 18/03/2014
  Envía a túa opinión

A agricultura ecolóxica, o consumo responsable e próximo estánse a configurar en alternativas vitais cada vez para máis xente. É posible e rendible producir en ecolóxico, segundo insiste a cooperativa A Xoaniña de Ferrol. En colaboración coa cooperativa do Val organizan para a vindeira semana un curso sobre Formación cooperativa para persoas que queiran emprender.


A canela dos bosques submarinos

A lamprea que chega a Portugal

Sociedade 16/03/2014
  Envía a túa opinión

Alvaro Cunqueiro definiu o sabor da lamprea como o "bico da serea". Agora na contorna de Porto tamén se poderá degustar ese manxar. Unha delegación de Arbo visita Penafiel para divulgar alí as especificidades da lamprea miñota.


Cartel da exposición do CCG aberta en Tui

A conexión entre Galicia e Australia

Cultura 07/03/2014
  Envía a túa opinión

Naceu en Tui o un de marzo de 1814, pero desenvolveu un importante papel a prol dos aborixes de Australia. Abriu estradas e fundou escolas nas antípodas. Unha exposición lembra agora a figura e a obra de Frai Rosendo Salvado.


Francisco José Antúnez, é directivo da asociación

A autoestima arredor do idioma

Sociedade 03/03/2014
  Envía a túa opinión

Para o autor do libro O Valego, o profesor da Universidade de Vigo Henrique Costas, a fala é o que identifica aos habitantes do val do Ellas en Estremadura. Absolutamente todos os habitantes de Valverde, As Ellas e San Martiño queren que a fala se conserve, venna como unha vantaxe para aprender outros idiomas e andar polo mundo. Queren que os fillos a falen e llela transmitan aos netos. A conciencia idiomática, de comunidade diferenciada é moi forte; a conciencia de pervivencia como tal comunidade tamén.


Mostra dos traxes do Entroido

II Xornadas sobre o Entroido de Galiza na casa das Campás

Sociedade 20/02/2014
  Envía a túa opinión

O coñecemento das diversas manifestacións do Entroido en distintos lugares de Galicia e a divulgación desta riqueza cultural para que se valore adecuadamente e se garanta a súa pervivencia son os obxectivos das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), en colaboración co Concello de Pontevedra. Celebraranse na Casa das Campás o xoves 20 e o venres 21, con diversas charlas a partir das 18:00 horas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros