Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Marta Rios, actriz

Marta Ríos, profeta na súa terra

Sociedade 30/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro, a través do Alcalde, Xosé Deira, e do Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, quere manifestar a súa satisfacción e orgullo pola concesión do premio “María Casares” de teatro á actriz boirense Marta Ríos, na modalidade de mellor actriz secundaria, así como trasladarlle os parabéns de toda a corporación. Estes galardóns, promovidos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, chegaron á súa XV edición e entregáronse o pasado día 23 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Marta Ríos foi premiada pola súa interpretación na obra Volpone, de Talía Teatro.


Mexillón de Galicia

Un acordo polo mexillón

Sociedade 29/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Mexillón de Galicia®, e  maila empresa Conservera de Rianxo S.A. veñen de asinar un acordo que beneficia ao conxunto de consumidores deste produto e defende os seus dereitos. A empresa recoñece a presenza de mexillón foráneo publicitado como mexillón galego e comprométese a retirar o produto do mercado e a realizar as averiguacións pertinentes para determinar as causas de tal “disfunción”.


O autor de “De catro a catro” conta xa coa súa casa museo

Rianxo comparte o legado de Manuel Antonio

Cultura 28/03/2011
 13 comentario/s - Envía a túa opinión

Desde a súa primeira foto (un retrato que lle fixeron sendo bebé e que adoitaba levar na carteira) ata o seu derradeiro billete (o que colleu desde Cádiz, enfermo de tuberculose, para volver a casa pouco antes de morrer). Os distintos materiais que alberga a Casa Museo Manuel Antonio, que acaba de abrir as súas portas na rúa de Abaixo de Rianxo, permítennos viaxar polas distintas etapas e facetas do autor de De catro a catro.


O Aturuxo de Boiro sopra velas esta fin de semana

Cultura 25/03/2011
  Envía a túa opinión

O Local Social Aturuxo de Boiro celebra esta fin de semana o seu terceiro aniversario con música, contacontos e un xantar. As actividades comezarán xa ás dez desta noite coas cantareiras Xoaninhas. Unha hora máis tarde Cándido Pazó amenizará a festa coas súas historias para, á medianoite, dar paso ao blues e funk de A Maldita. Mañá sábado a festa continuará a partir da unha da tarde, con saída do Aturuxo, para tomar uns viños pola localidade acompañados do grupo de música tradicional Algharabia e un fogueteiro. Ás tres da tarde celebrarase o xantar e ás once da noite volverá a música ao local social co dúo de jazz Pel de Noz e O Leo e Arremecaghoná.


O alcalde de Boiro

Nova área dotacional e aparcadoiro

Sociedade 24/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este sábado, día 26 de marzo, ás 16.30 horas, a nova área dotacional e aparcadoiro na Avenida da Constitución, un espazo público bautizado como Praza Boqueira de “A Negral”, de acordo coa decisión adoptada no último pleno celebrado pola corporación municipal, e que inclúe servizos como aparcadoiro e novidosas pistas de “skate”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros