Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Guillerme Vázquez e Ana Pontón falan da desaparición do Códice na catedral compostelá

O BNG esixe responsabilidades ao goberno galego pola desaparición do Códice

Institucional 11/07/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O portavoz do BNG, Guillerme Vázquez, e a deputada e portavoz de Cultura, Ana Pontón, piden á Xunta que deixe de lamentar a perda do Códice Calixtino desaparecido o pasado martes na catedral de Santiago de Compostela, e comece a tomar medidas acordes coa gravidade do sucedido.


Codice Calixtino

Desaparece o Códice Calixtino da catedral de Santiago

Sociedade 07/07/2011
  Envía a túa opinión

Os responsabeis do Arquivo da catedral de Santiago de Compostela comunicaron o pasado martes á Policia Nacional a desaparición do valioso exemplar do Códice Calixtino. Trátase da primeira guía do Camiño de Santiago. Data do século XII. O seu valor é incalculable. Gardábase nunha cámara acorazada e somentes se sacaba en ocasións excepcionais.


Pachi Vázquez con Antolín Sánchez Presedo en Ferrol (Arquivo)

Os socialistas buscan fórmulas de gobernabilidade en 35 concellos

Sociedade 30/05/2011
  Envía a túa opinión

O secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, avanzou que este mesma tarde comezarán os contactos co BNG co fin de buscar "fórmulas de gobernabilidade" nos 35 concellos de Galicia onde hai "maiorías de progreso". Nun total de 21, segundo precisou, os socialistas son a forza máis votada, mentres que o Bloque goza de maior representación nos 14 restantes.


O primeiro domingo de marzo celébrase en Arzúa a Festa do Queixo

¿Cómo se descubriu o queixo?

Sociedade 26/05/2011
  Envía a túa opinión

O queixo é un alimento con máis de 4.000 anos de antiguidade. Producido artesanalmente durante séculos, a partir dos anos 80 a modernización da industria queixeira produce máis e mellores queixos. Hoxe é a principal actividade económica de Arzúa, concello do interior de Galicia, coñecido como a terra do queixo. O queixo con denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa é un produto versátil. Cociñeiros de sona mundial experimentaron nos últimos anos a súa utilización como produto estrela á hora de confeccionar pratos de gourmet.


A xornada enmárcase na campaña “Ponte no Medio, Móvete pólo Territorio“

O monte como oportunidade sustentable fronte á crise

Sociedade 18/05/2011
  Envía a túa opinión

Dentro do conxunto de actividades organizadas por ADEGA dentro da Campaña “Ponte no Medio, Móvete pólo Territorio” a prol dunha ordenación territorial sustentable, o vindeiro 4 de xuño desenvolverase na Sala de Conferencias do Edificio Multiusos de Melide unha xornada dedicada a analizar o papel do monte galego como oportunidade sostible fronte a crise. A actividade está programada conxuntamente coa ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común) e conta co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación da Coruña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros