Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Logo da festa

Nace a festa de Breogán, á medida dos galegos e galegas

Sociedade 05/06/2013
  Envía a túa opinión

Comer, beber, bailar, rir... Nace a Festa de Breogán!! O Burgo, 13, 14, 15 e 16 de xuño. Unha festa do país con produtos e prezos do país; unha festa a medida dos galegos e as galegas e de todas aquelas persoas que queiran gozar do noso. A Festa de Breogán nace como unha grande exaltación de produtos galegos varios, non centrada nun único xénero senón na promoción do que produce a nosa terra, o noso mar e/ou as mans e a creatividade dos galegos e as galegas. Isto é, unha festa multiproduto na que o importante é o seu contido, que terá como eixo común e fío condutor a riqueza, tanto material como inmaterial, da terra galega. O Concello de Culleredo acolle o nacemento desta festa, que se celebrará no paseo marítimo de O Burgo os días 13, 14, 15 e 16 de xuño. Será baixo carpa, con entrada de balde, e con moita actividade tanto dentro como fóra.


A soprano Elisa Belmonte

A soprano Elisa Belmonte canta ao público do Teatro Colón

Sociedade 29/05/2013
  Envía a túa opinión

Poesía española e zarzuela soarán no teatro este xoves a partir das 20:30 horas. A soprano Elisa Belmonte deleitaranos, o xoves 30 de maio, cun concerto con cancións antigas españolas, cancións sobre textos clásicos e arias de zarzuela española.  Acompañada ao piano por Xullo Alexis Muñoz, a poesía española e a zarzuela volven pois a ser o territorio da voz da soprano manchega que actúa no Teatro Colón ás 20:30 horas.


Cartaz do evento

La Trova Coruñesa en concerto en Culleredo

Sociedade 29/05/2013
  Envía a túa opinión

Como previo á presentación oficial do novo disco “Nuevo Aire”, La Trova ofrece unha actuación con entrada de balde este venres, 31 de maio, ás 21 horas, no Salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo). La Trova presentará oficialmente o seu “Nuevo Aire” na cidade de A Coruña a mediados de xuño; antes, nos ofrecen este adianto o vindeiro venres en Culleredo.


A AC Alexandre Bóveda da Coruña proxecta hoxe o documental

Que fan os bancos cos nosos cartos?

Sociedade 28/05/2013
  Envía a túa opinión

As organizacións Fiare Galiza e AMARANTE Setem e en colaboración con Coop57, AIS O Peto e Adicae, organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas. Neste documental tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa. O pase da peza audiovisual será esta tarde no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da cidade da Coruña, con entrada libre até completar o aforo. Logo da proxección do filme haberá unha charla-coloquio con responsables da ONGD Amarante Setem e membros de Fiare Banca Ética, e na que poderá participar todo o público asistente.


Fernando Vázquez en Málaga

Unha xornada infartante

Deportes 27/05/2013
  Envía a túa opinión

Infartante vai ser a última xornada do campionato de Liga de Primeira División. O bo é que os dous equipos galegos teñen posibilidades de salvarse. O malo é que no mellor dos casos, só un permanecerá na categoría a próxima tempada, xa que catro equipos, os dous galegos e Zaragoza e Mallorca, loita por unha única praza de permanencia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros