Envía a túa opinión
Organizado pola Asociación Cultural Esbardu, o certame acadou en 2008 o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Rexional, un nomeamento que lle permitiu consolidarse dentro do panorama da música celta.
Envía a túa opinión
O encontro organizado pola Sociedade Liga de Amigos reuniu na súa última edición a medio cento de persoas que conservan o apelido Barallobre. Nesta ocasión, segundo avanzou a Radio Fene o secretario da entidade, participan na Xuntanza ao redor de corenta persoas, de procedencia moi diversa.
Envía a túa opinión
A páxina incorpora información sobre os lugares de maior interese turístico do municipio e aplicacións relacionadas coas novas tecnoloxías, en calquera dos tres enderezos dispoñibles para os internautas (www.turismodenaron.es; www.turismodenaron.com e www.turnaron.com).
Envía a túa opinión
O goberno local convida aos cidadáns e turistas a “ferrolanear” coa oferta turística que arrinca mañá e que se desenvolverá ata o 5 de setembro. Cruceiros guiados pola ría, visitas guiadas ao Arsenal Militar ou ao Castelo de San Felipe, percorridos en tren para descubrir o patrimonio artístico da cidade ou a posibilidade de cear nun barco pola ría son algunhas das propostas desta campaña, que se celebra por segundo ano consecutivo na cidade para promocionar a urbe naval en toda Galicia e converter a cidade nun punto de visita obrigada.
Envía a túa opinión
Coñecer a cidade con outra mirada, a das mulleres que foron partícipes da súa historia. Este é o obxectivo do proxecto de investigación “Ferrol en Feminino” un ambicioso programa posto en marcha polo Concello de Ferrol coa finalidade de facer visible e pór en valor a contribución das mulleres que, aínda en ocasións esquecidas, fixeron cidade.