Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Pleno da Corporación de Ordes esta mañá

O local da xuventude e o mercado de abastos

Sociedade 22/02/2011
  Envía a túa opinión

Un novo regulamento rexerá o funcionamento da Praza de Abastos de Ordes, segundo o aprobado esta mañá polo pleno da Corporación. A normativa abre o mercado para que os produtores da zona poida ofrecer de xeito puntual os seus cultivos, favorecendo así o contacto directo cos consumidores.


O prazo de inscrición remata o 22 de febreiro

Últimos días de inscrición nos cursos de lingua galega para adultos

Sociedade 16/02/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes solicitará para o municipio a realización dos cursos de lingua galega destinados a adultos, preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.


Os interesados en participar no concurso xa poden formalizar a súa inscrición

Comparsas e carrozas, o entroido peta ás portas

Sociedade 14/02/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten preparado o programa de actividades que se desenvolverán no municipio con motivo da celebración do Entroido 2011. Unhas actividades dirixidas tanto a nenos como a maiores, coas que dende o Concello esperan entreter a veciños e visitantes. Aínda que como é costume, o día grande destes festexos será o 12 de marzo, Sábado de Piñata, o martes de Entroido día 8 de marzo tamén terá lugar unha gran “Tarde de Entroidada” a partir das 16:30 horas na Alameda. Unha festa na que os máis pequenos poderán disfrutar cun bo número de obradoiros, entre eles, os de maquillaxe, disfraces, globoflexia, ademais de xogos cooperativos e animación de rúa. En caso de choiva a festa realizarase no Pavillón Campomaior.


Imaxe da charla de onte en o Mesón do Vento

Repoboando forestalmente polas parroquias

Sociedade 11/02/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes comezou o ciclo de charlas sobre repoboacións forestais que terán lugar en diferentes parroquias do municipio, organizado a través da concellería de Medio Rural do Concello de Ordes en colaboración con UNIÓNS AGRARIAS UPA.  A primeira das conferencias celebrábase onte pola noite no recinto feiral do Mesón do Vento, á que acudiu tamén o edil Jesús Pedreira.


Praia de Carnota ao pé do Monte Pindo

Viaxando á Costa da Morte

Sociedade 10/02/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza unha excursión dirixida á terceira idade do municipio. Nesta ocasión a visita realizarase á Costa da Morte o vindeiro 19 de febreiro. A excursión inclúe a visita aos municipios de Muros, Carnota e Fisterra e no prezo tamén se incluirá o transporte, a comida e o seguro da viaxe. O cuiste por persoa é de 24 euros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros