Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da edición de 2011

O Correlíngua parte hoxe de Santiago con 4000 corredores

Sociedade 02/05/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Correlingua comeza hoxe a sua andaina en Santiago coa participación de perto de 4.000 rapaces e rapazas. A carreira pola lingua percorrerá 15 vilas e cidades galegas até rematar en Ourense  o día 13 de maio. En total están incritos máis de 45.000 alumnos e alumnas. Para este ano acordouse que o lema das carreiras fose “En galego sempre somos”, sinalando a importancia da lingua como mellor vehículo de expresión da nosa identidade colectiva e xa que logo, como medio de unión entre as galegas e galegos.


O conselleiro Juárez na presentación do informe

Lugo e Ourense producen o 90% da agricultura ecolóxica de Galicia

Sociedade 25/04/2011
  Envía a túa opinión

Máis de 14.000 hectáreas de terreo en Galicia destínanse á produción de agricultura ecolóxica, sendo o leite e os seus derivados os alimentos estrela deste tipo de produción. A facturación desta industria foi de máis de 17 millóns de euros en 2010, un 21 por cento superior á do ano precedentes, mais malia o aumento da superficie inscrita baixo os criterios que vixía o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica, o consumo destes produtos non medra de xeito equivalente na cesta da compra galega e estatal, tendo que buscar a súa saída na exportación.


Marga Martín, Ánxelo González, Gonzalo Alonso, Patricia Varela e Carolina Iglesias

O Fondo Galego de Cooperación abre a convocatoria de participación en “Vacacións con Traballo”

Sociedade 23/04/2011
  Envía a túa opinión

Catro traballadores da Administración local galega protagonizarán experiencias de voluntariado en Cabo Verde e Nicaragua nunha nova edición do programa “Vacacións con Traballo”, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A iniciativa volve ofertar catro prazas en países do Sur onde a entidade apoia proxectos de cooperación para o desenvolvemento. O perfil preferido para Nicaragua é o dun técnico da área de turismo, que desenvolverá o seu labor no Instituto de Promoción Humana (INPRUH). Valoraranse tamén os coñecementos en creación e edición de vídeo. En Cabo Verde, a Cámara Municipal de Brava require preferentemente un arquitecto paisaxista, que saiba utilizar o Autocad. Terase en conta ademais a familiaridade co manexo de ortofotos. Como segunda opción, escolleríase un informático. O prazo para anotarse remata o 30 de abril.


Cristal de cuarzo

Cospeito gaña un asalto na loita contra a minaría do cuarzo

Sociedade 22/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Comisión contra as minas na Terra Chá celebra a sentenza que impedirá á mineira Erimsa ter permiso municipal para a súa actividade e agarda que os recursos contra Castro de Rei e A Pastoriza teñan desenlaces semellantes. O xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Lugo vén de ditar sentenza desestimatoria en relación á demanda promovida pola empresa mineira Erimsa contra o Concello de Cospeito


Cartel da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”

Adega conmemorará o Día da Terra cunha acción en rede

Sociedade 20/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Ponte no medio. Móvete polo territorio”, este é o nome da nova campaña que vén de impulsar Adega e coa que pretende poñer freo aos proxectos especuladores co territorio galego e procurar unha alternativa sustentable de ordenación territorial a través dun movemento social de denuncia común. Para iso, os membros do colectivo ecoloxista redactaron un manifesto que propón un decálogo de medidas concretas para a ordenación do territorio, e que foi asinado inicialmente por máis de 130 personalidades destacadas do mundo das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A el sumaranse outras iniciativas como unha acción en rede este venres, 22 de abril, Día da Terra; e o sábado, día 30, data de celebración da xornada “Cultura e territorio” no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros