Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 22 de Febreiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

José Blanco

O AVE chegará a Ourense a finais de ano, segundo o ministro de Fomento

Institucional 12/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Galicia vivirá un momento "histórico" antes de que remate 2011. Prometeuno o ministro de Fomento, José Blanco, que asinou nesta xornada o protocolo para integración do AVE na cidade de Ourense. O fito, segundo explicou, producirase cando da cidade das Burgas "saia o primeiro Tren de Alta Velocidade, que pasará por Santiago e chegará ata A Coruña".


A alta velocidade cruzará da Meseta cara Santiago a finais de 2015

Os 6.000 millóns de euros para a conexión do AVE con Galicia xa son un feito

Institucional 08/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A macrolicitación das obras do AVE é xa un feito. Oito días máis tarde do límite ao que se comprometera o ministro de Fomento, José Blanco, o Consello de Ministros autorizou o maior investimento público nesta infraestrutura que permitirá conectar a liña de alta velocidade entre Galicia e a Meseta e que suporá unha achega de máis de 6.000 millóns de de euros. A nova, á que o propio Blanco chegara a vincular a súa credibilidade política, era tan agardada que o Ministerio se adiantou á rolda de prensa posterior á xuntanza do Executivo e anunciou o compromiso a través dun comunicado.


Cartaz anunciador do ano pasado

Anunciando o San Bieito

Sociedade 06/04/2011
  Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura do Concello de Allariz convoca o concurso para a confección do cartel anunciador das festas de San Bieito 2011 que se celebrarán os días 8, 9 e 10 de xullo.


O senador nacionalista denuncia empadroamentos irregulares en Ourense

Xosé Manuel Pérez Bouza (BNG): “Non se pode censar extraterrestes en plan okupa como fixeron con Prado Verdeal en Xinzo”

Institucional 03/04/2011
  Envía a túa opinión

Como se houbese unha poboación flotante que devece por mudar de vila cando se aproximan as convocatorias electorais, centos de veciños  empadróanse noutros concellos diferentes aos seus poucos meses antes dos comicios. A Oficina do Censo sospeita que parte desas mudanzas fanse por interese política, para concentrar fieis dun partido no municipio no que se precisan os seus votos. Dos 121 padróns de concellos sometidos á consideración da Xunta Electoral Central, 35 corresponden á provincia de Ourense. O BNG fai fincapé no caso do Consello de Xinzo de Limia, gobernado polo Partido Popular, que vén de medrar en 122 veciños. O senador Xosé Manuel Pérez Bouza remitiulle á Fiscalía probas sobre o irregular dese rexistro. Nelas indícase, segundo explicou a Radiofusiòn, que o diferencial mensual de altas e baixas no padrón de Xinzo roldaba as 15 persoas durante os últimos catros anos, pero que o número de novos veciños se multiplicou en decembro de 2010, “o último mes” no que se hai que rexistrarse no padrón para ter dereito a voto. “Isto acredita que non foi normal, senón inducido”, resolve.


Os novos sistemas de protección na autovía Santiago - Ourense

Máis seguridade para os motoristas na autovía Santiago-Ourense

Institucional 02/04/2011
  Envía a túa opinión

Unhas novas barreiras de protección adaptadas para os motoristas ven de instalar a Xunta de Galicia nun tramo de 16 quilómetros da calzada da autovía entre Santiago e Ourense. Os novos sistemas instaláronse  en todas as curvas cun radio igual ou inferior a 750 metros, segundo informa o goberno autónomo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros