Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

O Aturuxo de Boiro sopra velas esta fin de semana

Cultura 25/03/2011
  Envía a túa opinión

O Local Social Aturuxo de Boiro celebra esta fin de semana o seu terceiro aniversario con música, contacontos e un xantar. As actividades comezarán xa ás dez desta noite coas cantareiras Xoaninhas. Unha hora máis tarde Cándido Pazó amenizará a festa coas súas historias para, á medianoite, dar paso ao blues e funk de A Maldita. Mañá sábado a festa continuará a partir da unha da tarde, con saída do Aturuxo, para tomar uns viños pola localidade acompañados do grupo de música tradicional Algharabia e un fogueteiro. Ás tres da tarde celebrarase o xantar e ás once da noite volverá a música ao local social co dúo de jazz Pel de Noz e O Leo e Arremecaghoná.


O alcalde de Boiro

Nova área dotacional e aparcadoiro

Sociedade 24/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este sábado, día 26 de marzo, ás 16.30 horas, a nova área dotacional e aparcadoiro na Avenida da Constitución, un espazo público bautizado como Praza Boqueira de “A Negral”, de acordo coa decisión adoptada no último pleno celebrado pola corporación municipal, e que inclúe servizos como aparcadoiro e novidosas pistas de “skate”.


Esta rede permitirá ás cidades galardoadas manter un contacto e o intercambio de suxestións

O Alcalde de Boiro participa na primeira reunión da “Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación”

Sociedade 22/03/2011
  Envía a túa opinión

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, participará hoxe a partir das 16.30 horas no Ayuntamiento de Barcelona, na cidade condal, na primeira reunión da “Red Innpulso. Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación”. O Ministerio pretende, coa creación desta rede, habilitar un contacto permanente entre todos os municipios galardoados, así como compartir recursos e información.


Logotipo do proxecto Marleanet

As novas tecnoloxías ao servizo do sector marítimo

Sociedade 21/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) impulsa o uso das novas tecnoloxías na formación do sector marítimo a través da organización dun obradoiro de traballo que se celebrará en Santiago de Compostela mañá, 22 de marzo. Este obradoiro, que está enmarcado no proxecto europeo Marleanet, ten como obxectivo propoñer un debate entre os principais implicados na formación do sector marítimo para o deseño e desenvolvemento de ferramentas para a plataforma de ensinanza online Marleanet.


A asociación oponse a Mar na decisión de instalar estes aparellos

Agamar: “As gaiolas experimentais de salmón estragan o hábitat mariño”

Sociedade 17/03/2011
  Envía a túa opinión

A Asociación Galega de Mariscadores/as (Agamar) amosa o seu apoio e súmase ás mobilizacións convocadas polas confrarías das rías de Muros – Noia que se opón á decisión da Consellería do Mar de trasladar as gaiolas experimentais para as crías de salmón en catividade dende a ría de Arousa ata o polígono de Muros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros