Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O primeiro domingo de marzo celébrase en Arzúa a Festa do Queixo

¿Cómo se descubriu o queixo?

Sociedade 26/05/2011
  Envía a túa opinión

O queixo é un alimento con máis de 4.000 anos de antiguidade. Producido artesanalmente durante séculos, a partir dos anos 80 a modernización da industria queixeira produce máis e mellores queixos. Hoxe é a principal actividade económica de Arzúa, concello do interior de Galicia, coñecido como a terra do queixo. O queixo con denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa é un produto versátil. Cociñeiros de sona mundial experimentaron nos últimos anos a súa utilización como produto estrela á hora de confeccionar pratos de gourmet.


A xornada enmárcase na campaña “Ponte no Medio, Móvete pólo Territorio“

O monte como oportunidade sustentable fronte á crise

Sociedade 18/05/2011
  Envía a túa opinión

Dentro do conxunto de actividades organizadas por ADEGA dentro da Campaña “Ponte no Medio, Móvete pólo Territorio” a prol dunha ordenación territorial sustentable, o vindeiro 4 de xuño desenvolverase na Sala de Conferencias do Edificio Multiusos de Melide unha xornada dedicada a analizar o papel do monte galego como oportunidade sostible fronte a crise. A actividade está programada conxuntamente coa ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común) e conta co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación da Coruña.


Socorro Cea é alcaldesa de Melide desde o 2007

As telleiras de Furelos na Festa do Melindre

Sociedade 08/05/2011
  Envía a túa opinión

Moitos visitantes agárdanse este domingo en Melide. Un completo programa de actividades rodea á Festa do Melindre. As dúas da tarde proxectaráse un documental sobre a actividade das telleiras en Furelos, Piñor e O Leboreiro. Ao rematar comezará a degustación gratuita de melindres, ricos e amendoados. Todo na Praza do Convento.


Guillerme Vázquez confía na interposición dun recurso de súplica do fiscal xeral do Estado

O Tribunal Constitucional desestima o recurso presentado polo BNG no caso do alcalde de Arzúa

Institucional 03/05/2011
  Envía a túa opinión

A inelexibilidade do actual alcalde e candidato do BNG en Arzúa, Xaquín García Couso, mantense. O Tribunal Constitucional desestimou a admisión a trámite do recurso presentado pola fronte nacionalista contra a decisión da Xunta Electoral de Zona de Santiago e fíxoo porque na demanda "non se aprecia especial transcendencia constitucional".


O edil de Cultura, novo cabeza de lista do BNG en Arzúa

Institucional 26/04/2011
  Envía a túa opinión

José Luís García López é dende hoxe o cabeza de lista do BNG en Arzúa para as eleccións municipais. O actual edil de Cultura do municipio coruñés substitúe nese posto ao alcalde Xaquín García Couso, logo de que a Xunta Electoral de Zona o declarase inelixible a instancias do Partido Popular. Aproveitando unha interpretación concreta do artigo seis da lei electoral pensado para controlar o acceso aos comicios de persoas próximas a ETA, García Couso foi afastado das eleccións ao pesar sobre el unha inhabilitación de seis meses para o exercicio de cargo público por non executar a orde de derrubamento dun inmoble.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros