Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Riazor non se rendiu

13 dias cruciais

Deportes 20/05/2013
  Envía a túa opinión

A remonta do Athletic de Bilbao no último intre ante o Zaragoza, foi a guinda dunha boa xornada para as aspiracións do Deportivo da Coruña de salvar a categoría. Os galegos saen dos postos de descenso e dependen de si mesmos nos dous partidos que restan esta tempada para manterse na Primeira División de fútbol. E lográrono tamén grazas ao trunfo nun ateigado Estadio de Riazor por 2-0 fronte ao Espanyol de Barcelona, nun encontro moi desputado e que puido levar calquera dos dous equipos.


Daniel Royo en Radio Fene

Daniel Royo: “Non valoramos o que temos, ata que o perdemos”

Sociedade 16/05/2013
  Envía a túa opinión

Non valoramos o que temos ata que o perdemos. Fala así o músico Daniel Royo á hora de explicar o nacemento do seu tema “Historia del pasado”. É unha canción de desamor, afirma o cantante, residente na actualidade en Bergondo (A Coruña) ainda que natural de Zaragoza.


Gayoso con Feijoo celebrando a fusión das caixas

Gayoso e Méndez declararán no xulgado o 19 de setembro

Sociedade 15/05/2013
  Envía a túa opinión

O xuízo pola comercialización de participacións preferentes e subordinadas, tras a demanda presentada pola Fiscalía Superior de Galicia, celebrarase o próximo 19 de setembro, segundo notificou ao Ministerio Público o Xulgado de Primeira Instancia número 11 de A Coruña. Na vista, fixada para as 10.30 horas, resolverase sobre a acción de cesación na comercialización destes produtos, despois de que o xulgado inadmitise a trámite a demanda en relación ás accións de nulidade e resarcimento fronte a Caixa Galicia e Caixanova.


Alberto Núñez Feijóo nun acto a pasada semana

Os relatos de Alberto Núñez Feijóo

Sociedade 07/05/2013
  Envía a túa opinión

Mesmo como se fose a pantasma do Nadal pasado, hai algún que o ven buscar de novo: é o caso do relato dos coches oficiais. O secretario de Estado de Asuntos Exteriores Gonzalo de Benito confirmou que Feijóo se serviu dun coche oficial da Embaixada española en Arxentina non para os seus actos institucionais durantes as visitas ao país americano como presidente dos galegos, senón para facer campaña electoral na emigración na condición de candidato do PPdeG. Veremos se isto trae outro problema ao garaxe do presidente.


A destrución de emprego en Galicia supera a media estatal

A destrución de emprego acelérase en Galicia no primeiro trimestre do 2013

Sociedade 25/04/2013
  Envía a túa opinión

Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de 2013 poñen de manifesto que se acelerou a destrución de emprego en Galicia. Neste período produciuse o 52,8% da perda de postos de traballo do último ano: 27.400 empregos menos nos primeiros tres meses de 2013 e 51.900 menos comparando co primeiro trimestre de 2012. Así as cousas, o número total de persoas desempregadas é de 287.400. A dinámica de emprego de Galicia é peor que a media española: a taxa de destrución de emprego no primeiro trimestre do ano foi do 2,67 % polo 1,9 % da media estatal. Isto sitúa a Galicia como a sexta comunidade autónoma con peores datos. No conxunto do Estado, os datos da EPA sitúan o paro en máis de 6 millóns de peroas, unha taxa de desemeprego do 27%.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros