3 comentario/s - Envía a túa opinión
Numerosos establecementos de ocio de Ferrol optan por programar actuacións musicias en directo nos seus locais, como un xeito de facerse cunha clientela fiel e amenizar as noites da fin de semana na cidade. Outras non programan con regularidade pero sorpréndennos de cando en vez con concertos ao vivo. E mesmo asistimos a orixinais maneiras de atraer á xente aos locais. Tamén o concello ferrolán pon o seu grao de area con propostas anovadoras no eido artístico como as Novas Noites. Unha páxina web abretedeorellas. com, informanos e pónnos ao día destas programacións musicais especializadas que atraen a públicos diversos, segundo sexa a proposta musical.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Fíxose gaiteiro en Sevilla. Ramiro Couce Amado naceu en 1942 en Pontedeume. A súa familia trasladouse á capital andaluza en 1955. Ramiro levou unha gaita, un tambor e un manuscrito musical. Pouco a pouco vai aprendendo a tocar o instrumento, sendo el mesmo o seu propio mestre. Era un gaiteiro autodidacta. Faleceu o 20 de xuño de 1997.
Envía a túa opinión
A luminosidade do pavillón de San Valentín chama a atención a todos os visitantes. En poucos lugares contan cunha instalación deportiva con vistas a un entorno tan fermoso como a ría de Ferrol.O poliideportivo inaugurouse o 5 de decembro de 1998 nun acto que contou coa participación do alcalde de Fene Xosé María Rivera Arnoso, o presidente da Deputación da Coruña Augusto César Lendoiro e o presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne.
Envía a túa opinión
Humanizar a cidade. Ese é o obxectivo da colocación de árbores nas rúas. Aportan sombra, reteñen a contaminación atmosférica e serven de niño a aves como as rulas. Na avenida Marques de Figueroa, na avenida Naturais de Fene ou na estrada da Fraga en Fene (A Coruña) o verde contrasta co gris do asfalto.
Envía a túa opinión
A Asociación Cometa organiza unha Gala benéfica baixo o lema “Eu tamén axudo aos animais” Será mañán domingo no Auditorio de Narón, a partir das 6 da tarde.As entradas para asistir á Gala benéfica custarán 3 euros. Estarán á venda mañán na billeteira do Auditorio de Narón, unha hora antes da gala.