Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe da charla de onte en o Mesón do Vento

Repoboando forestalmente polas parroquias

Sociedade 11/02/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes comezou o ciclo de charlas sobre repoboacións forestais que terán lugar en diferentes parroquias do municipio, organizado a través da concellería de Medio Rural do Concello de Ordes en colaboración con UNIÓNS AGRARIAS UPA.  A primeira das conferencias celebrábase onte pola noite no recinto feiral do Mesón do Vento, á que acudiu tamén o edil Jesús Pedreira.


Praia de Carnota ao pé do Monte Pindo

Viaxando á Costa da Morte

Sociedade 10/02/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza unha excursión dirixida á terceira idade do municipio. Nesta ocasión a visita realizarase á Costa da Morte o vindeiro 19 de febreiro. A excursión inclúe a visita aos municipios de Muros, Carnota e Fisterra e no prezo tamén se incluirá o transporte, a comida e o seguro da viaxe. O cuiste por persoa é de 24 euros.


As inscricións pódense formalizar ata o 22 de febreiro

Preparación do Celga para adultos

Sociedade 07/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes solicitará para o municipio a realización dos cursos de lingua galega destinados a adultos, preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.


As charlas terán lugar en diferentes parroquias da vila

A importancia da repoboación forestal

Sociedade 07/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Concellería de Medio Rural do Concello de Ordes organiza, en colaboración con Unións Agrarias UPA, un ciclo de charlas sobre repoboacións forestais en distintas parroquias da vila. Unha iniciativa para dar a coñecer as especies forestais máis importantes e os seus ciclos produtivos, cómo preparar o terreo para a repoboación e sementar e plantar árbores correctamente así como, dar a coñecer os distintos métodos de repoboación forestal e as épocas específicas para a súa realización, rendementos económicos e trámites administrativos a levar a cabo.


Os cursos de perfeccionamento en informática acadaron un éxito notable

Cursos de photoshop, iniciación a internet ou correo electrónico para os vindeiros meses

Sociedade 04/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes deu por finalizados os dous cursos de perfeccionamento en informática que se celebraron no municipio durante os meses de novembro, decembro e xaneiro. Así o mestre do curso facía entrega aos participantes dos diplomas acreditativos do mesmo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros