Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O novo videoxogo de Smallwonders, “Yum Yum Boy”

“Yum Yum Boy”, a nova aposta para iPhone e iPod da lucense Smallwonders

Cultura 07/04/2011
  Envía a túa opinión

Tras Battle of Puppets, que conseguiu o premio ao mellor videoxogo móbil español no Premio Nacional da industria dos videoxogos Gamelab 2010, ademais de superar o medio millón de descargas; e World of Popus, que se situou no Top 10 dos xogos de iPhone no Estado; a empresa lucense Smallwonders vén de sacar á venda en iTunes Yum Yum Boy. A guerra entre a comida lixo e a comida sa protagonizan esta terceira proposta, un xogo de quebracabezas para dispositivos iPhone e iPod con moitas referencias ao manga. YumYum é un fervello, un furabolos. Gústanlle as lambetadas, os refrescos, e as patacas fritidas e odia as verduras, as froitas, os legumes e as hortalizas, a pesar da insistencia da súa nai en que as coma.


As visitas realízanse a través do programa Km0

Destino para todos os gustos: Montaña, A Mariña e Ribeira Sacra

Sociedade 29/03/2011
  Envía a túa opinión

O programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo inclúe para esta última semana do mes de marzo seis rutas polas comarcas de A Montaña, A Mariña e Ribeira Sacra. Deste xeito, un total de 302 veciños da provincia coñecerán dende este martes e ata o venres distintos lugares de interese de Navia de Suarna, Burela, O Saviñao, Cervantes, Ribadeo e Viveiro.


O estudo busca novos patróns para a elaboración de sidras

Investigadores universitarios traballan para relanzar a sidra galega

Sociedade 26/03/2011
  Envía a túa opinión

Seleccionar as variedades de mazá de maior calidade, potenciar o seu cultivo, avaliar os consumidores galegos e poñer a punto técnicas de elaboración que permitan obter novas sidras galegas de interese para o mercado. Estes son obxectivos que persegue o proxecto de investigación promovido por un equipo da Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago, coordinado pola profesora Belén Díaz Hernández.


Os deseñadores Victorio & Lucchino apadriñarán esta II Gala Lucus Moda

O bosque sagrado das pasarelas

Sociedade 21/03/2011
  Envía a túa opinión

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde lucense, José López Orozco, presentaron esta mañá no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) a Gala Lvcvs Moda que, logo do éxito do ano pasado, ambas institucións decidiron reeditar co obxectivo de difundir no exterior o talento creativo dos deseñadores e artesáns lucenses e converterse en punto de atracción de visitantes á cidade. O desfile terá lugar o próximo 7 de abril, a partir das 21:00 horas, no Círculo das Artes da capital, e contará cuns padriños de excepción: os deseñadores andaluces Victorio & Lucchino, -referente indiscutibles no panorama da moda internacional-, que cederán ó CENTRAD o seu deseño exclusivo dedicado ós Bosques de Lugo.


O Museo de Lugo ofrécenos unha visita terapéutica polas instalacións de Mónica Alonso

Cultura 15/03/2011
  Envía a túa opinión

O Museo Provincial de Lugo vén de inaugurar unha exposición individual e retrospectiva da artista fonsagradina Mónica Alonso. A mostra Mónica Alonso. Obras (1993-2011) ofrece un percorrido pola súa traxectoria a través dun conxunto de obras realizadas nas últimas dúas décadas. As devanditas obras preséntanse en formatos moi diversos incluíndo unha serie de gravados e debuxos realizados entre 1993 e 1994; un conxunto de esculturas e maquetas producidas entre 1994 e 2010; o proxecto en curso Terapia Individual (TI) iniciado en 2003 e realizado en colaboración con catro profesionais do mundo da cultura, a ciencia e a psicoloxía e unha instalación deseñada ex profeso na que se presenta por primeira vez a obra desenvolvida en 2009 durante a bolsa CAM de artes plásticas. A exposición complétase cun espazo de documentación onde se recollen distintos documentos, debuxos e apuntamentos que evidencian a importancia do proceso dentro da obra da artista.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros