Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

As charlas educativas celebráronse nos colexios ponteses

Sensibilización arredor da cooperación

Sociedade 31/01/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Servizos Sociais, e con motivo da celebración este 2011 do Ano Europeo do Voluntariado, está a apoiar unha nova iniciativa en prol do fomento do voluntariado e da sensibilización da cidadanía sobre o seu valor e importancia para a sociedade. Trátase das sesións educativas que, nestas semanas, estivo a desenvolver a organización non gubernamental Mundo Cooperante nos centros educativos ponteses de Monte Caxado, Castro da Uz e Moncho Valcarce  e que serviron para achegar a 350 rapaces e rapazas de Educación Primaria e Secundaria non só as actividades solidarias que Mundo Cooperante está a desenvolver por todo o planeta, senón tamén a importancia de reflexionar e ser críticos coa situación que están a vivir os habitantes dos países menos desenvolvidos e que carecen de dereitos, de alimento ou educación, sendo vítimas de importantes desigualdades e de comportamentos discriminatorios por cuestión de sexo.


Co comezo do 2011 só traballan 3 membros do Grumir dos 15 do 2010

Urxen máis efectivos do Grumir para As Pontes

Sociedade 13/01/2011
  Envía a túa opinión

Máis de 2000 actuacións levou a cabo o Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR) de As Pontes ao longo do pasado ano 2010. De feito o balanzo total eleva a 2166 as tarefas e operativos nos que estiveron inmersos nestes últimos 12 meses os 15 integrantes deste grupo. Supéranse así as cifras de 2009, ano no que se alcanzaban as 2147 actuacións, e de 2008, con 1748 intervencións. O mes con maior carga de traballo foi outubro con 223 intervencións, seguido de novembro e decembro con 221 operacións, respectivamente.


A colección recolle caricaturas de políticos, persoeiros da cultura, da música ou da igrexa, entroutros

A Autonomía Galega de Siro López

Cultura 12/01/2011
  Envía a túa opinión

As Pontes alberga dende hoxe unha nova mostra. Trátase de A Autonomía Galega nas Caricaturas de Siro, unha colección de máis dun cento de viñetas humorísticas que o caricaturista Siro López publicou entre 1985 e 2006 no xornal La Voz de Galicia. A exposición chega a As Pontes da man da Deputación da Coruña que, unha vez máis, busca achegar interesantes coleccións a todos os concellos da provincia.


O goberno decide hoxe canto sobe a electricidade

Sociedade 27/12/2010
  Envía a túa opinión

O goberno decide hoxe canto sobe a electricidade. As asociacións de consumidores consideran o prezo xa inflado. FACUA Consumidores en Acción advirte que unha subida da luz do 10% encarecería máis de 60 euros anuais o recibo do usuario medio. En só tres anos e medio, a factura anual acumularía unha subida superior aos 220 euros, máis dun 48%.


Movilización nas Pontes o 24 de novembro

Os traballadores de San Martín movilizaránse en Ferrol

Sociedade 19/12/2010
  Envía a túa opinión

Os empregados do grupo San Martín das Pontes concentraráse o vindeiro xoves diante do edificio da Xunta de Galicia na Praza de España de Ferrol. Reclaman que o IGAPE faga efectivo o aval xa concedido á empresa, medida que permitirá á empresa abonar as nóminas pendentes. Os sindicatos CIG e CCOO solicitaron unha reunión con responsabeis do Instituto Galego de Promoción Económica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros