Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Terreos onde se ubicaría a base

A base de avións espía en Trasmirás afectaría a 6 especies ameazadas

Sociedade 03/03/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natual (SGHN) veñen de informar ó Ministerio de Defensa que a zona proposta (agora polo Partido Popular de Galicia e anteriormente polo Goberno bipartido da Xunta de Galicia) para construir en Trasmirás (Ourense) o "centro de excelencia de avións non tripulados do consorcio aeronáutico europeo EADS", situaríase no interior (ou nas inmediacións mesmas) da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de A Limia e/ou da súa Zona Periférica de Protección (ZPP).


Portada do libro de Xesús Alonso Montero

Alonso Montero recupera a historia do lingüista represaliado polo franquismo Aníbal Otero

Cultura 02/03/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

En 1936, con 25 anos de idade, Aníbal Otero Álvarez (1911-1974) estaba considerado o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo, pero a súa carreira profesional viuse tronzada en agosto dese ano cando foi detido ilegalmente pola Policía portuguesa en Valença do Minho e despois entregado ás autoridades militares de Tui. Xesús Alonso Montero, quen o coñeceu persoalmente e rescatou documentos como o seu expediente xudicial, relata a historia deste filólogo represaliado no libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, que acaba de tirar do prelo Xerais.


A refinería da Coruña é un dos principais focos de emisión de NOx

ADEGA alerta sobre “desaparicións casuais” dos rexistros de contaminación por NOx

Sociedade 01/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

ADEGA denuncia a “desaparición” da páxina oficial da Xunta durante case toda unha xornada dos datos de contaminación con óxidos de nitróxeno (NOx) na cidade de Ourense, unha das localidades que “maiores cifras acada deste contaminante”. Os ecoloxistas advirten que hai uns valores máximos deste elemento que non se deben superar durante máis de tres horas consecutivas. De darse esa situación, cómpre avisar á poboación da existencia dunha situación de emerxencia. ADEGA informa de que ese valor rexistrouse durante a mañá do día 22 de febreiro, pero que faltaron as medicións das horas precedentes, o que impediu saber se resultaba preciso decretar a alerta por contaminación. 


Inauguración da exposición

O son da zanfona de Faustino Santalices

Cultura 22/02/2011
  Envía a túa opinión

A merecida homenaxe a Faustino Santalices completarase cun concerto o vindeiro sábado 26 dos dez mellores zanfonistas en activo e cun congreso durante os días 11 e 12 de marzo. A zanfona e a música tradicional de Galicia quere comezar a saldar cunha exposición no Museo municipal de Ourense a enorme débeda contraida co poderoso legado cultural de Santalices.


Cartaz da Cachuchada 2010

Unha boa enchenta cunha cachucha galega

Sociedade 21/02/2011
  Envía a túa opinión

Por terceiro ano consecutivo, a Asociación Xan de Arzúa colabora na organización do Entroido alaricano coa organización da Cachuchada. O luns 7 de marzo, a partir das 21:30h o Campo da Barreira acollerá este evento no que, por 10€, os participantes poderán degustar un cocido típico galego. Cachucha, lacón, touciño, chourizo, pan e viño, bica e licor compoñen o menú adicado ó Entroido.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros