Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Moitos dos anuncios poden levar ao engano

Os anuncios de contactos e a publicidade encuberta das mafias da prostitución

Sociedade 01/02/2014
  Envía a túa opinión

Anuncios de oferta sexual agochados nas bolsas de emprego dos xornais son un claro exemplo da necesidade da erradicación deste tipo de publicidade enganosa. O goberno de Zapatero iniciara o proceso para eliminar os anuncios de falsos contactos das seccións de relax dos xornais. A presidenta da Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución, Carmen Lago, denuncia “os grandes intereses económicos que xera este negocio”.


Festa da Lamprea en Arbo (2011)

A lamprea, bico da sirena entre Catoira e Arbo

Sociedade 26/01/2014
  Envía a túa opinión

Remontou os ríos galaicos a lamprea. Trae na súa carne a canela dos bosques submarinos, e seica polo sabor da lamprea saibamos o dos bicos das sirenas. Falaba así Álvaro Cunqueiro (1) da lamprea, manxar das grandes mesas que se pode capturar ata o 13 de abril nos ríos Ulla e Miño. Os gastrónomos recomendan comela antes de finais de marzo. Este ano o seu prezo oscila entre os 30 e os 80 euros.


Cartaz do libro.

Novo libro de Beiras. Exhortación á desobediencia.

Sociedade 22/01/2014
  Envía a túa opinión

Xosé Manuel Beiras presenta un novo libro en Pontevedra. "Exhortación á desobediencia" (Laiovento, 2013). Neste ensaio Beiras defende: " Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, una nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara una creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica". O autor estará no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, o venres 24 ás 20.00h, acompañado polo filósofo e fundador da Aula Castelao de Filosofía, Ramón Regueira, e Manoel Santos.


Fotografía Santos Álvarez

Unha muller morre atropelada en Marín

Sociedade 14/01/2014
  Envía a túa opinión

Unha muller de 75 anos de idade faleceu na mañá deste martes tras ser atropelada en Marín (Pontevedra). Segundo os datos facilitados polo 112, o atropelo sucedeu cando faltaban dous minutos para as 8.00 horas no lugar de Pardavila, no municipio de Marín. Nunha mañá accidentada, tamén se rexistraron sinistros en Santa Comba e Ourense.


A deseñadora de Gondomar, María Almazán

Galicia viste consciente

Sociedade 10/01/2014
  Envía a túa opinión

AMARANTE SETEM organiza este sábado 11 de xaneiro o primeiro encontro con iniciativas relacionadas co téxtil ecolóxico, novas deseñadoras e deseñadores, estudantes do ultimo curso das escolas de moda galegas, tendas de segunda man e tendas de roupa ecolóxica para impulsar a creación dunha Plataforma galega de moda sostible. Este primeiro encontro realizarase no Pazo da Cultura de Pontevedra de 10:00 a 14:00 horas no Seminario 3.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros