Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Praia de Carragueiros na parroquia de Santa María do Castro

Os veciños do Esteiro estrean Centro Social

Sociedade 11/03/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro e os veciños do Esteiro, na parroquia de Santa María do Castro, inaugurarán mañá sábado, ás 13.00 horas, a reforma da antiga escola unitaria do lugar, que foi desafectada polo Concello e convertida en Centro Social, unha infraestrutura que contribuirá a revitalizar e dinamizar o lugar. Ao acto, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, está convidada a corporación municipal e as asociacións da parroquia. Este rematará cunha festa promovida pola Asociación de Veciños A Marxa, que preside Mario Fontán Ramos.


Os socialistas galegos queren que este ano o castro se declare Ben de Interese Cultural

O PSdeG demanda da Xunta protección do Castro de Baroña

Institucional 11/03/2011
  Envía a túa opinión

O deputado barbanzano do PSdeG-PSOE Jose Manuel Lage Tuñas interveu no Pleno da Cámara para interpelar ao goberno galego sobre o motivo polo cal a Consellería de Cultura e Turismo non dispón dunha partida dedicada á urxente actuación da restauración e protección do Castro de Baroña. Lage Tuñas recordou que “foi o propio presidente da Xunta o que dixo que a axuda para protexer o castro de Baroña tiña que vir de fóra, pero nós creemos que a consellería de Cultura deste país ten que protexer o noso patrimonio e non botar balóns fóra.”


Deira Triñanes e Fernández Moreda

O baluarte de Boiro para acadar o distintivo Ciudad de la Ciencia y la Innovación

Sociedade 10/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Boiro, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, inaugurará mañá venres, ás 12.00 horas, o Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, nun acto que contará coa asistencia do Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes;  o Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda; o Subdirector de Xestión Económica do Ministerio de Ciencia e Innovación, D. José María Álvarez Pérez; o consejero técnico do Ministerio D. Manuel Constenla Bergueiro; e a Deputada Provincial  Rosana Pérez Fernández, entroutras autoridades.


Agamar anuncia novas mobilizacións

As mariscadoras contra a retirada das axudas de subsistencia

Sociedade 09/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Asociación galega de Mariscadoras/es (Agamar) anuncia mobilizaciones para protestar pola eliminación das axudas de subsistencia que, ata hai uns meses, se lles concedera ao colectivo de mariscadoras/es que non tiñan cotizado os anos suficientes para cobrar unha pensión. Comezan esta tarde cunha concentración, ás 16:30, diante do Parlamento de Galicia onde se presentará una moción parlamentaria sobre estas axudas.


As trabas de ser muller

A voz das mulleres de Boiro

Sociedade 07/03/2011
  Envía a túa opinión

O Centro de Información a Muller do Concello de Boiro acolle este mércores 9 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, unha confererencia onde se exporán varias testemuñas dos problemas, dificultades, facilidades de mulleres procedentes doutros países que decidiron asentarse en Boiro e de mulleres de Boiro que tiveron que deixar o seu pobo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros