Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Aymerich cualificou hoxe de “noxento” o comportamento dos populares

Carlos Aymerich (BNG): “A interpretación da lei dos populares é incompatible coa Constitución e co dereito ao sufraxio pasivo”

Institucional 25/04/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A gravidade das acusacións durante a precampaña electoral dos comicios municipais segue a a medrar, e agoiran unha xornadas previas ao 22 de maio de alta voltaxe no debate político. A cada día ábrese unha nova fronte de conflito entre os principais partidos e nin sequera as vacacións da Semana Santa detiveron esta escalada. Foi precisamente durante esas xornadas que o Partido Popular aproveitou para reclamar a inhabilitación do alcalde de Arzúa, o nacionalista Xaquín García Couso.


Xaquín García Couso

O BNG recurrirá a decisión de declarar inelixible ao alcalde de Arzúa

Institucional 23/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O BNG anunciou que presentará un recurso contencioso contra a decisión da Xunta Electoral da Zona de Santiago de declarar "inelixible" o actual alcalde e candidato do BNG á reelección en Arzúa, Xaquín García Couso, e avisou de que, de non prosperar esta vía, acudirá o Tribunal Constitucional. Nun comunicado, a formación nacionalista explicou que baseará o seu recurso contra a decisión da Xunta Electoral, que emitiu a resolución en resposta a unha denuncia do PP, en que a sanción que se aplica a García Couso é "absolutamente desproporcionada" e "mesmo atenta contra o espírito da lei".


Guillerme Vázquez con Xaquín García Couso en Arzúa

O BNG defende ao alcalde de Arzúa

Institucional 22/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O BNG considera "moralmente inaceptable" a impugnación realizada polo PPdeG ante a Xunta Electoral Central contra o candidato nacionalista que encabeza a candidatura do municipio de Arzúa, Xaquín García Couso, e anuncia que chegará ata o Constitucional na defensa do seu cabeza de lista nesta localidade. "O PP pretende esconder as súas propias miserias, as das súas propias corruptelas, denunciando un problema exclusivamente administrativo e menor, unha incidencia moi frecuente na administración municipal", sostén a secretaria de Organización do BNG e directora da campaña nacionalista para as municipais de 2011, Montse Prado, nun comunicado de prensa.


Cartel do Festival Primavera Sons

Antas de Ulla celebra con música, gastronomía e artesanía a Semana Santa

Cultura 19/04/2011
  Envía a túa opinión

O I Festival Vila de Antas – Primavera Sons xa ten o seu programa pechado. Dará comezo este xoves, 21 de abril, para prolongarse ata o domingo 24. En total, catro días de festa nos que haberá concertos, a I Feira de Meigas, a I Festa do Churrasco de Porco; ademais de obradoiro infantil de stop-motion, cinema na rúa, a I Concentración de Clásicos ou paintball.


Imaxe de Timoteo Sánchez Freire (Recollida do Centro de Estudios Melidenses Museo da Terra de Melide. Decembro, 2003)

O home que fundou o manicomio de Conxo

Cultura 02/04/2011
  Envía a túa opinión

Don Timoteo Sánchez Freire, catedrático de Medicina e precursor da psiquiatria en Galicia. Morreu en 1912 e o seu enterro concentrou a milleiros de persoas de Santiago e de Conxo. Di a prensa da época que foi o sepelio máis multitudinario que se recordaba en Santiago de Compostela, o que da testemuña dunha persoa moi coñecida e moi querida na cidade. Sánchez Freire impulsou a fundación do manicomio de Conxo, institución que abriu as súas portas o 1 de xullo de 1885.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros