Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A destrución de emprego en Galicia supera a media estatal

A destrución de emprego acelérase en Galicia no primeiro trimestre do 2013

Sociedade 25/04/2013
  Envía a túa opinión

Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de 2013 poñen de manifesto que se acelerou a destrución de emprego en Galicia. Neste período produciuse o 52,8% da perda de postos de traballo do último ano: 27.400 empregos menos nos primeiros tres meses de 2013 e 51.900 menos comparando co primeiro trimestre de 2012. Así as cousas, o número total de persoas desempregadas é de 287.400. A dinámica de emprego de Galicia é peor que a media española: a taxa de destrución de emprego no primeiro trimestre do ano foi do 2,67 % polo 1,9 % da media estatal. Isto sitúa a Galicia como a sexta comunidade autónoma con peores datos. No conxunto do Estado, os datos da EPA sitúan o paro en máis de 6 millóns de peroas, unha taxa de desemeprego do 27%.


Samuel Juárez

Insisten na comparación dos escraches con actitudes nazis

Sociedade 17/04/2013
  Envía a túa opinión

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, considera os 'escraches' como "un acto de coacción" e cre "acertadas" as comparacións realizadas ao respecto co nazismo pola secretaria xeneral do PP, María Dolores de Cospedal, por velos similares a "como cando os nazis marcaban as casas dos xudeus". Para Juárez, un 'escrache' diante dun domicilio supón "levar esa protesta ao ámbito da vida privada dunha persoa" e "é invadir o espazo privado, o espazo de privacidade que é o domicilio, que é inviolable" e, segundo matiza, "supón un acto moitas veces de certa agresión a esa persoa, de tratar de ridiculizalo diante dos veciños e a súa familia". Así respondía nunha entrevista na Televisión de Galicia.


O profesor Gabriele Morelli

Ciclo Artes, Deportes e Corpos na UDC

Sociedade 16/04/2013
  Envía a túa opinión

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física acollerá mañá mércores, 17 de abril, ás 12:00 horas a "II Conferencia José Luis Salvador Alonso", en homenaxe ao que fora profesor de Historia deste centro ata a súa morte. O relatorio correrá a cargo do hispanista e catedrático de Literatura da Universidade de Bérgamo (Italia) Gabriele Morelli, e con el inaugurarase o ciclo de conferencias titulado Artes, Deportes e Corpos. Morelli, que é un experto de recoñecido prestixio internacional na obra da Xeración poética do 27, falará sobre o tema titulado "Ludus, xogo e deporte na vangarda española".


Cemiterio parroquial

Primeira exhumación na Coruña dun presunto bebé roubado

Sociedade 12/04/2013
  Envía a túa opinión

Familiares e representantes de SOS Bebés Roubados de Galicia asistiron este venres, na Coruña, á primeira exhumación na comunidade autónoma galega dun suposto bebé roubado, segundo informou a Europa Press a presidenta desta entidade, Estrela Vázquez. A exhumación corre a cargo dos familiares do bebé, unha nena nada no ano 1977 nun hospital da Coruña que, ao sospeitar de que poderían ser unha das familias afectadas por bebés roubados, iniciou un proceso xudicial hai tres anos xunto a outros afectados.


Xosé Manuel Beiras

Beiras fala do atraso económico de Galicia na UDC

Sociedade 11/04/2013
  Envía a túa opinión

A Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña acollerá mañá, venres, 12 de abril, ás 12:00 horas, o acto de celebración do patrón deste centro, San Vicent Ferrer, presidido polo reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e coa presenza do decano, Anxo Calvo Silvosa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros