Envía a túa opinión
O CCE xunto con representantes das Confrarias acompañou á delegación dos parlamentarios Europeos no seu percorrido pola Ría, desprazándose a ver, in situ, a instalación da planta de gas de Reganosa e a ensenada da Gándara. Posteriormente mantiveron una xuntanza onde tomaron a palabra, membros titulares da Comisión, representantes do CCE e representantes da Xunta, namentras tiña lugar unha concentración convocada polo Comité demandando o peche da planta.
Envía a túa opinión
O oceanógrafo de Carral, Anxo Mena alzouse co premio do Certame de Cartas de Amor convocado por Radio Fene Radiofusión. O xurado, presidido por Anxos García Fonte, salientou "a evidente calidade literaria da carta e o seu reflexo do efecto da distancia temporal e espacial sobre os amantes, e a posibilidade de recrear o amor na ausencia da persoa amada".
Envía a túa opinión
A charanga da Coruña Ruada e o cadaleito co Antroido abriron o desfile de 19 comparsas no dia grande do Carnaval en Fene, o mércores de cinza. As rúas rexistraron moita animación de adultos, rapaces e rapazas disfrazados. Os vestidos de paisano soportaban con estoicismo as troulas dos máis animosos.
Envía a túa opinión
Entre 25 e 30 autobuses marcharán mañá sobre Santiago de Compostela. Os traballadores dos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol preparan a movilización do mércores na capital galega tal e como tiñan deseñado hai semanas. Non lles queda máis que iso, movilizarse, diante da escaseza de traballo nos dous centros da ría de Ferrol. O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avanzaba que esta semana se levará a cabo unha reunión entre Navantia, Barreras e Pemex para concretar diferentes aspectos da construción dos floteis. E mentras o alcalde de Ferrol quere entrevistarse co presidente da Sepi, Ramón Aguirre, aos operarios non lles queda outra que reclamar máis compromiso político.
Envía a túa opinión
A rua do concello de Fene pecharase ao tráfico ás tres desta tarde para acoller os actos do Antroido. Dende as 15.00h de hoxe ata as 16.00h do xoves, queda prohibido aparcar para deixar espacio ao carnaval. Porque o Antroido chega esta tarde a Fene. De 17.30 a 20.30 horas na Praza do Concello celébrase a festa infantil coa actuación do grupo de animación Nueva Onda, ofrecendo á hora do descanso a Degustación de Lambetadas do Entroido para tódolos nenas e nenos participantes grazas a colaboración de 8 panaderías e confiterías de Sillobre, San Valentín, Maniños, Perlío e Fene.