Envía a túa opinión
A “Rede Social Ferrolterra”, conformada polas organizacións Axuda en Acción, Enxeñería sen Fronteiras, A.C. Fuco Buxán, Lena, Mundo Cooperante e Solidariedade Internacional Galicia; celebra este venres, 6 de maio en horario de 17:00h a 21:00h na praza de España de Ferrol, unhas xornadas coas que se pretenden dar a coñecer xeitos de desenvolver unha economía sostible. Quen se achegue poderá participar entre outros, en obradoiros de reciclaxe, na busca do tesouro, contemplar exposicións informativas sobre comercio xusto e desigualdades así como degustar produtos de comercio xusto.
Envía a túa opinión
O pasado xoves, 27 de abril, reuniuse nas dependencias da Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude o xurado do III Concurso de Microrrelatos do Concello de Fene, coa presenza de membros (alumnos/as e mestres/as) dos centros educativos do IES de Fene, CPI A Xunqueira, CEIP Os Casais, CEIP O Ramo e o Colexio Jorge Juan.
Envía a túa opinión
O Concello de Ferrol continúa este sábado coa campaña “Vexo Vexo”, posta en marcha o pasado 10 de abril para sensibilizar á cidadanía sobre malas prácticas medioambientais. Nesta ocasión, desenvolverase entre as 12.00 e as 13.30 horas, iniciándose no peirao de Curuxeiras e continuando na Praza de Amboaxe e na rúa Real. No mes de maio a acción trasládase ao sábado en lugar de os domingos, como viña sendo habitual.
2 comentario/s - Envía a túa opinión
A Capela do Torrente Ballester acollerá este venres, ás 19.30 horas, un concerto didáctico de piano de alumnos e alumnas do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, que estarán acompañados polos profesores deste centro Andrés Pazos, Marcos Galán e Miguel Sancho.
Envía a túa opinión
A Capela do Centro Torrente Ballester acollerá esta fin de semana novas sesións de teatro dirixidas ao público infantil no marco do programa Escena Familiar. Unha iniciativa para inculcar a cultura aos rapaces desde idades temperás de cara a que no futuro sexan consumidores dela. Ademais, a intención desta programación é que os nenos e nenas leven aos seus pais e nais ao teatro e que estes se impliquen nas actividades.