Envía a túa opinión
Os hosteleiros de Fene están de noraboa , despois da entrega de premios do IV Certame de Tapas Concello de Fene. Tamén os gañadores da Fenerruta que o sorteo realizado esta mañán determoinou que foran: Diego Regueiro de Barallobre; Roberto Sampayo de Fene e Lorena Martínez de Barallobre.
O alcalde de Fene, agradeceu aos 14 participantes o seu esmero á hora de elaborar os petiscos cada fin de semana mentras durou o concurso. A cafetería Lembranza e o Mundial foron doblemente recoñecidos polo xurado, co primeiro e segundo premio no apartado de tapa creativa, e polo público que lles outorgou o premio popular.
Envía a túa opinión
A sede da UXT en Ferrol foi atacada esta madrugada con cócteles molotov, segundo todos os indicios. Os danos materiais foron cuantiosos nos accesos ao local ubicado na rua do Carmen. O monitor que imparte cursos no sindicato foi quen alertou do sucedidoarredor das 8 da mañá. A zona estivo acordoada pola Policía Nacional durante varias horas.
Envía a túa opinión
O Teatro Jofre albergará mañá xoves, a representación da peza teatral “La violación de Lucrecia”, dirixida por Miguel del Arco e interpretada pola grande actriz e directora de escena Nuria Espert, galardoada con máis de 170 premios en España e o mundo enteiro (entre eles, o Premio Valle Inclán, a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes, o Nacional de Interpretación, o Premio Laurence Olivier ou o Evening Standard á mellor dirección do ano en Londres).A función dará comenzo ás 20.30 horas e as entradas se poden adquir ao prezo de 10 e 15 euros na páxina web do teatro ferrolán.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
Un total de 11 ordenadores leváronse do IES de Fene na Semana Santa. Os ladróns aproveitaron o período vacacional para facerse co botín informático. Foi un traballador do centro escolar quen se decatou da entrada dos ladróns por unha fiestra do primeiro andar ao toparse coa escaleira colocada sobre o pasadizo que une os edificios do IES e de FP.
Envía a túa opinión
O alcalde de Fene Iván Puentes citou os feitos dos que se sinte máis orgulloso a piques de rematar a lexislatura: a xestión da ampliación do polígono industrial, os pasos soterrados para salvar a via do tren en Perlío e a base de salvamento marítimo. E unha moi concreta: a remodelación da praza verde, que na actualidade, cun parque infantil, acolle todos os dias a moitos nenos e nenas.