4 comentario/s - Envía a túa opinión
Un total de 11 ordenadores leváronse do IES de Fene na Semana Santa. Os ladróns aproveitaron o período vacacional para facerse co botín informático. Foi un traballador do centro escolar quen se decatou da entrada dos ladróns por unha fiestra do primeiro andar ao toparse coa escaleira colocada sobre o pasadizo que une os edificios do IES e de FP.
Envía a túa opinión
O alcalde de Fene Iván Puentes citou os feitos dos que se sinte máis orgulloso a piques de rematar a lexislatura: a xestión da ampliación do polígono industrial, os pasos soterrados para salvar a via do tren en Perlío e a base de salvamento marítimo. E unha moi concreta: a remodelación da praza verde, que na actualidade, cun parque infantil, acolle todos os dias a moitos nenos e nenas.
Envía a túa opinión
O Concello de Ares acada a Declaración da festa das Alfombras do Corpus como de interese turístico de Galicia. A Comisión de Valoración de Festas deu o visto bo á solicitude da administración local, que agora será ratificada polo Consello de Xunta. O Concello de Ares vén de recibir a resolución pola que a Comisión de Valoración de Festas de Galicia comunica que, reunida o pasado 7 de abril, acordou por unanimidade estimar favorablemente a solicitude presentada pola administración local para obter da celebración das Alfombras do Corpus deste municipio a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, así como elevar dita proposta ao Consello da Xunta, que agora terá que ratificar esta decisión.
Envía a túa opinión
En Fene é esta unha semana de presentacións de candidatos e candidatas. Despois de abrir a espita o PSOE o sabado pasado, agora son o BNG e o PP os que presentan as candidaturas ao completo. Fánno este venres dia 29, os nacionalistas na Casa da Cultura de Fene e os populares no Pote de Maniños.
"Gumersindo Galego. Alcalde, ¿e por qué non?.O Partido Popular comprometido con Fene". Son os lemas que presiden o convite do PP. "Feito en Fene" é o elexido para a candidatura nacionalista de Juventino Trigo.Tamén EU, con Mª Carmen
Martínez ao frente, presenta aos seus candidatos-as o venres 29 ás 20:00 horas no Restaurante Mundial.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Xa hai decisión do xurado do Certame de Tapas Concello de Fene. Reunido esta mañán, determinou que a mellor tapa tradicional é “Callos a lascas” do restaurante Xavier Amor e a mellor tapa creativa, o “Montadiño de cogumelos” do Lembranza. Os "mexillóns recheos" da cafetería do CMI e as "delicias" do Mundial recibiron os segundos premios en ambas categorías.