Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Os participantes aprenden cuestións de electrónica, electricidadde, neumática, hidráulica e fontanería

20 desempregados fórmanse en materia de mantemento industrial

Sociedade 04/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Un total de 20 persoas desempregadas de Ordes están a participar dende esta semana nun curso de mantemento industrial promovido polo Concello de Ordes en colaboración coa Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia. As clases, que deron comenzo o pasado luns 31 de xaneiro no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento, celébranse  en horario de luns a venres de 16 a 20 horas, ata o 18 de febreiro.


O curso é gratuito e a inscrición debe realizarse no Concello

A prevención dos riscos laborais no sector agrario

Sociedade 03/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza, en colaboración con Unións Agrarias UPA, un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no sector agrario. O curso constará de 30 horas e está previsto que se celebre a finais deste mes de febreiro ou a principios de marzo. Todos aqueles que estean interesados en participar deberán realizar a súa inscrición no departamento de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes ou chamando por teléfono ao 981680002. Só se ofertarán 15 prazas e como requisito indispensable, os participantes deben estar dados de alta no Réxime especial agrario.


Primeiro dos talleres con alumnos de 2º da ESO do IES Maruxa Mallo

Talleres de saúde dirixidos á mocidade

Sociedade 03/02/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes deu comenzo aos talleres de saúde dirixidos á mocidade do municipio, que realiza en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia. Uns obradoiros, nos que participarán máis de 100 alumnos do IES Maruxa Mallo e que se celebrarán durante o mes de febreiro nas instalacións deste centro educativo.


A nova biblioteca atópase nos baixos da Alameda ordense

As novas instalacións da Biblioteca Municipal de Ordes atraen novos usarios

Sociedade 01/02/2011
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes estase a convertir en todo un referente na comarca, aumentando o número de usuarios e o abano de idades dos mesmos, sendo un centro no que cada vez son máis os adultos, como amas de casa, xubilados, ademais dos estudiantes e os nenos, os que o utilizan, tal e como explicaron as súas bibliotecarias.


A inspección técnica realizarase na nave de gando do campo da feira de Mesón do Vento

Ciclomotores, motos e quads a revisión

Sociedade 31/01/2011
  Envía a túa opinión

A unidade móbil de inspección técnica prestará servizo no Campo da Feira de Mesón do Vento o vindeiro 25 de febreiro, co fin de facilitar a inspección técnica de ciclomotores de dúas rodas e de máis de tres anos de antigüidade, e de motos e quads de máis de catro anos de antigüidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros