Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe dun dos obradoiros

Desbórdanse as solicitudes nos obradoiros de primavera do CENTRAD

Sociedade 14/03/2011
  Envía a túa opinión

O prazo de inscrición nos 31 obradoiros que o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación ofrecerá esta primavera abriuse fai quince días e son xa 380 persoas as que presentaron unha solicitude, o que pon de manifesto o grande interese que esta iniciativa esperta entre os artesáns e o público en xeral. Os interesados en participar nos cursos, que se iniciarán a comezos de abril e contan cun total de 241 prazas, aínda están a tempo de anotarse, ben nas instalacións do Centro ou a través da páxina web www.centrad.org.


Guillerme Vázquez no encontro Lugo5

Guillerme Vázquez (BNG): “Feijoo e o PP quitaron a carauta e puxeron fin ao paripé”

Institucional 10/03/2011
  Envía a túa opinión

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denuncia que coa votación hoxe no Congreso, absténdose no Decreto de Bancarización e Privatización das Caixas e non votando en contra, “o PP e o señor Feijoo quitaron por fin a carauta e demostran que nunca estiveron a favor da caixa galega”. Guillerme fixo estas declaracións en Lugo tras manter un encontro con axentes sociais e económicos para valorar a situación económica de Galiza e  difundir a convocatoria de manifestación, este domingo ás 12:00 horas en Santiago de Compostela, en defensa do aforro galego, do emprego e de Galiza.


A aula medioambiental fondeará na Praza de Santa Ana

O Barco Muralla de Lugo recala na Feira do Viño

Sociedade 10/03/2011
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

O Barco Muralla de Lugo estará amarrado esta fin de semana en Chantada, durante a celebración da vixésimo novena Feira do Viño, co que a Deputación aproveita un evento multitudinario, que o ano pasado reuniu a unhas 30.000 persoas, para promocionar a Costa e a riqueza natural da provincia. A aula medioambiental fondeará na Praza de Santa Ana e o horario de atención ó público será de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00, tanto o sábado como o domingo. O organismo provincial apoia a través do INLUDES a celebración desta cita -que o ano pasado xerou 120.000 euros de volume de negocio- cunha achega económica de 11.000 euros. Nesta ocasión, contará con 15 expositores, 5 máis ca en 2010.


As xornadas celebraranse ao longo deste mes

Muller e igualdade

Sociedade 08/03/2011
  Envía a túa opinión

No Museo Etnográfico de San Paio de Narla arrincan esta tarde as II Xornadas sobre muller e igualdade baixo o título "Perspectivas de xénero sobre Patrimonio cultural e Museo". Participan no debate membros da Asociación Implicad@s no Desenvolvemento e amósase unha exposición fotográfica de Carlos Valcárcel con abundantes testemuños da actividade social das mulleres no mundo rural e mariñeiro. En próximas datas realizaranse sesión destas xornadas no Pazo de Tor (19 de marzo), e no Museo Provincial do Mar de San Cibrao (26 de marzo).


Presentáronse perto dunha vintena de solicitudes

Primeiras becas de artesanía e deseño da provincia de Lugo

Sociedade 07/03/2011
  Envía a túa opinión

O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación recibiu 18 peticións para acollerse ó primeiro Programa de Bolsas de Estudos para o Desenvolvemento e o Deseño da provincia, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes. Agora ábrese o proceso de selección dos beneficiarios, que o organismo provincial quere axilizar ó máximo, de maneira que dará a coñecer este mesmo mes os resultados, aínda que a data límite fixada nas bases da convocatoria das axudas é maio. As becas convocadas son cinco, están dotadas cada unha delas con 12.000 euros e teñen unha duración dun ano.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros