Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

As máquinas quitaneves traballan na Capela dende ás 6 desta mañá

A neve e o xeo dificultan a circulación en boa parte de Galicia

Sociedade 02/12/2010
  Envía a túa opinión

A neve protagoniza esta xornada do xoves 2 de decembro. O pronóstico de Meteogalicia situa a cota nos 200 metros de altitude. As dificultades na circulación contase con que aumenten dende as doce do mediodia. A esta hora da mañá, os camións e vehículos articulados non poden circular pola A 6 á altura de Guitiriz (Lugo). Na provincia da Coruña permanece cortada ao tráfico a estrada nacional en Herves, Carral. Protección Civil aconsella non viaxar nesta xornada.


Jorquera e Zapatero, esta mañá no Congreso dos Deputados

Zapatero insiste no mantemento do decreto do carbón

Sociedade 27/10/2010
  Envía a túa opinión

O Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, deixou claro esta mañá ao deputado do BNG, Francisco Jorquera, que non entra nos plans do Goberno modificar o Decreto do Carbón que vai en contra das centrais térmicas galegas, segundo os nacionalistas. O portavoz do BNG na Cámara Baixa dirixíase a Zapatero na sesión de control ao Goberno para preguntarlle se está disposto a modificar o Decreto do Carbón para evitar “os seus evidentes perxuizos para Galiza”.


Cartel da Feira 2010

Os cogumelos das Pontes, por Santos

Sociedade 26/10/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes albergará o vindeiro luns, 1 de novembro, a XXI edición da Feira de Fungos e Cogomelos, unha cita xa tradicional do outono pontés e que este ano contará cun importante cartel de actividades. A feira conserva o espírito das súas primeiras edicións con actividades xa tradicionais coma o concurso de cestas ou a degustación gastronómica, pero hai máis.


Unha forte choiva acompañou a manifestación en Ferrol

Demandan a retirada do decreto do carbón

Sociedade 24/10/2010
  Envía a túa opinión

Un milleiro de persoas, segundo a Policía Local, 5.000, segundo os organizadores, secundaron a protesta 'Polo dereito a traballar' e en contra do decreto do carbón que se celebrou en Ferrol. A marcha, convocada pola Plataforma impulsada polo BNG e os sindicatos CIG e USTG, contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, os camioneiros do carbón e os traballadores das térmicas de Endesa As Pontes e Gas Natural Meirama.


Branco e Tallón puxéronse en folga de fame nunha caravana diante da Casa do Concello de As Pontes

Os dous sindicalistas abandonan a folga de fame

Sociedade 23/10/2010
  Envía a túa opinión

Os dous sindicalistas das Pontes abandonaron a folga de fame que iniciaron o pasado sábado ao recibir, de boca do portavoz do BNG no Congreso --Francisco Jorquera--, o anuncio de que o ministro de Industria, Miguel Sebastián, reunirase con eles para que lle expoñan a súa postura achega do decreto do carbón. Así o confirmou o coportavoz comarcal de CIG Ferrol, Manuel Grandal, quen destacou que, con isto, logrouse "o obxectivo dos compañeiros" Fernando Branco e Alberte Tallón, responsable comarcal de CIG nas Pontes e da sección sindical Endesa-As Pontes, respectivamente.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros