Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Parque Náutico no Río Limia

A SGHN rexeita os traballos de limpeza e dragado do Parque Náutico no Río Limia

Sociedade 11/03/2011
  Envía a túa opinión

Serían unha desfeita ecolóxica e hidrolóxica e un desfilfarro de cartos públicos os proxectos de limpeza e dragado do Parque Náutico no Río Limia afirma a Sociedade Galega de Historia Natural. Segundo a SGHN “hai uns días coincidiron no tempo tres novas de prensa relacionadas con outros tantos proxectos a desenvolver nun mesmo treito do Río Limia ó seu paso por Xinzo de Limia: dous comunicados da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil anunciando a "eliminación de especies invasoras e da maleza" (custe 26.792,14 euros) e o "dragado do río para evitar que a canle poida desaparecer" (sic) (custe 500.000 euros) e o terceiro de Portos de Galicia, ó que xa non lle chega a beiramar galega para enchela de portos deportivos e agora seica tamén os quere facer nos ríos, comezando polo Limia (custe entre 150.000 e 200.000 euros nunha primeira fase)”.


Adelina Basteiro tras recibir o premio 10 de marzo

O plantel de Ecourense recibiu da CIG o Premio 10 de Marzo, polo Día da Clase Obreira Galega

Sociedade 09/03/2011
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Adelina, Amador e Daniel. A Confederación Intersindical Galega quixo persoalizar hoxe coa entrega do seu premio 10 de marzo a homenaxe á clase traballadora. Por iso entregoulle o galardón á presidenta do comité de empresa de Ecourense, Adelina Basteiro, readmitida na firma tras unha folga de 6 dias en novembro do 2010. O sindicato nacionalista honrou así tamén a memoria de Amador Rey e Daniel Niebla, os 2 traballadores de Bazan mortos nos sucesos acaecidos o 10 de marzo de 1972 en Ferrol, cando loitaban por un convenio provincial e polas libertades democráticas.


Terreos onde se ubicaría a base

A base de avións espía en Trasmirás afectaría a 6 especies ameazadas

Sociedade 03/03/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natual (SGHN) veñen de informar ó Ministerio de Defensa que a zona proposta (agora polo Partido Popular de Galicia e anteriormente polo Goberno bipartido da Xunta de Galicia) para construir en Trasmirás (Ourense) o "centro de excelencia de avións non tripulados do consorcio aeronáutico europeo EADS", situaríase no interior (ou nas inmediacións mesmas) da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de A Limia e/ou da súa Zona Periférica de Protección (ZPP).


Portada do libro de Xesús Alonso Montero

Alonso Montero recupera a historia do lingüista represaliado polo franquismo Aníbal Otero

Cultura 02/03/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

En 1936, con 25 anos de idade, Aníbal Otero Álvarez (1911-1974) estaba considerado o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo, pero a súa carreira profesional viuse tronzada en agosto dese ano cando foi detido ilegalmente pola Policía portuguesa en Valença do Minho e despois entregado ás autoridades militares de Tui. Xesús Alonso Montero, quen o coñeceu persoalmente e rescatou documentos como o seu expediente xudicial, relata a historia deste filólogo represaliado no libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, que acaba de tirar do prelo Xerais.


A refinería da Coruña é un dos principais focos de emisión de NOx

ADEGA alerta sobre “desaparicións casuais” dos rexistros de contaminación por NOx

Sociedade 01/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

ADEGA denuncia a “desaparición” da páxina oficial da Xunta durante case toda unha xornada dos datos de contaminación con óxidos de nitróxeno (NOx) na cidade de Ourense, unha das localidades que “maiores cifras acada deste contaminante”. Os ecoloxistas advirten que hai uns valores máximos deste elemento que non se deben superar durante máis de tres horas consecutivas. De darse esa situación, cómpre avisar á poboación da existencia dunha situación de emerxencia. ADEGA informa de que ese valor rexistrouse durante a mañá do día 22 de febreiro, pero que faltaron as medicións das horas precedentes, o que impediu saber se resultaba preciso decretar a alerta por contaminación. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros